Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 23 de agosto de 2022
Pobres béstas!

As comunicacións por estrada no noso país sempre foron como foron. E non tan só nos tempos actuais, senón mesmo nos antigos, nos bastante antigos. Contan as crónicas de principios de novembro de 1935, meses antes de que se iniciara esa contenda civil que deixou mortos ás moreas, que a estrada que vai do Alto do Couso a Allariz, e máis en concreto o traxecto de Maceda a Allariz, estaba feita tal desastre que Pingas de Orballo case era imposible circular por ela. Claro que tamén é verdade que, desde que a construíran, non lle volveran tocar.
Nin o coche de liña diario a Ourense, nin os que acudían ás feiras desas dúas vilas, nin os que transportaban os produtos das terras a diferentes partes da provincia e, como non, nin todos aqueles "agüistas" que facían parada e fonda no balneario de Baños de Molgas eran quen de circular comodamente por tal estrada. De cando en vez, ou sexa, cada trinta ou corenta metros tiñan que acurtar a marcha se non querían que as béstas dos coches fosen a tomar para aquel sitio ante as grandes e múltiples fochancas que, a chuvia, a rodaxe e en especial o tempo fixeran en todo o percorrido.
Remataban as crónicas comentando que, a causa da súa estreitura e a infinidade de curvas, non sería raro que asomase algunha que outra desgraza. Polo que lle pedían ás autoridades provincias que tivesen en conta as queixas de todos os pobos da comarca e que actuasen ás présas. Sorrío porque, antes as autoridades provincias e agora estas e as autonómicas, xa sabemos como actúan sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES