Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cultivar a lei do esforzo

jueves, 25 de agosto de 2022
O esforzo faise costa arriba para todos.
A vida é moi bonita e por eso merece a pena esforzarse para vivila.
Cando de vivila se trata, hai que poñe-la marcha corta
¿Cal é a "marcha corta"?

O ESFORZO, A CONSTANCIA, A RENUNCIA...

Lémbrome que cando era unha nena, tiña que privarme de moitas cousas.
A unha criatura cóstalle moito entender que haxa que privarse de cousas que lle gustan moito.
Tamén lle costa moito entender que haxa que esforzarse canto máis se pode para sacar os estudios adiante.

Ás criaturas cóstalles moito e ós adultos tamén lles doe o corazón cando as ven loitar; pero é a mellor opción.
Trátase de ir renunciando pouco a pouco en cousas pequenas para outro día poder renunciar a cousas maiores sen traumatizarse.

Porque:
O estudiante ten que esforzarse para asimilar os coñecementos que corresponden a cada idade da etapa estudiantil.
Por moito que lle coste, é o mellor que pode facer.
Porque, independientemente do estado civil ou o nivel social que se teña na vida, en todos hai que loitar e sacrificarse para cumprir a nosa misión e face-la nosa aportación por un mundo mellor para todos.

UNHA BOA NAI ten que renunciar a moitas comodidades para xestar, criar, educar e organizar a vida de familia.
POR ESO A NAI É A ALMA DO FOGAR.
UN BO PAI non é menos importante aínda que a súa misisón sexa algo diferente.
Un pai bo tamén tén que sacrificarse moito para ocupar o lugar que lle corresponde dentro e fóra do fogar.

ONDE HAXA UNHA BOA FAMILIA, O ÉXITO ESTÁ ASEGURADO.

OS DOCENTES teñen que sacrificarse moito para ser bos profesionais na súa delicada misión: iluminar e encauzar mentes.
Os docentes foron sempre un bo piar social.
Na actualidade aínda máis que nunca porque hai criaturas que precisan moito apoio dado que a familia actual non goza de toda a saúde que sería desexable.
A escola é o segundo fogar para moitas criaturas.

OS SANITARIOS encóntranse co máis duro da vida, porque a saúde é o ben máis preciado e porque os doentes necesitan atención as 24 horas do día.

Moitos son OS PROFESIONAIS QUE TEÑEN QUE TRABALLAR POLA NOITE, cos trastornos que leva consigo o cambio de horarios.

O PERSONAL QUE TRABALLA Á INTEMPERIE ten que facelo loitando coas inclemencias do tempo e poñendo en risco a súa integridade física en moitas ocasións.

¿E QUE DIREMOS DOS LABRADORES E GANDEIROS?
Eles son os que nos alimentan, os que enchen as nosas despensas para que non nos falte de nada.
E ninguén pon en dúbida que o seu traballo esixe esforzo e dedicación.

E OS DE VIDA CONSAGRADA, a mesma palabra o indica, leva consigo moitas renuncias e sacrificios, aínda que o fagan con gusto por amor a Deus e ó Reino de Deus.

Tódolos oficios, tódalas profesións, todo canto hai que facer no día a día esixe esforzo.
O ESFORZO É NECESARIO DESDE QUE NACEMOS ATA QUE SE NOS REMATAN AS FORZAS.

DE NOVOS hai que esforzarse en preparar un futuro de proveito.
DE ADULTO hai que esfozarse porque todo ten un prezo.
E NA ETAPA SENIL hai que esforzarse tamén para saber levar os achaques con paciencia e calma ata chegar á meta, deixando un bo legado ós que veñen detrás.

Todo o ciclo vital esixe esforzo; polo tanto, CÓMPRE EDUCAR Á INFANCIA PARA QUE SE PREPARE PARA O QUE LLE ESPERA.
A vida esixe esforzo, pero merece a pena.
Estudiar, traballar, realizarse, relacionarse, comparitir, divertirse, acadar retos, soñar cun mundo mellor e sobre todo amar e ser amados.

"ESO É A VIDA".

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES