Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na percura de multimillonarios

miércoles, 29 de octubre de 2008
En tempos, millonario era o posuidor dun millón de pesetas. Como todo evoluciona, e xa nin siquiera hai pesetas, está por definir o que na actualidade é un millonario, porque restrinxir esta cualificación para o que posúe un millón de euros é elevar demasiado o listón.

Sen saber exactamente en que punto se sitúa na actualidade esa económica dignidade, podemos concluir que quen posúa un millón de euros chega a ser multimillonario, aínda sen cuantificar exactamernte a que nivel.

Nestes tempos críticos, onde a xeneralidade das nosas xentes andan preocupadas polos temas económicos e, de xeito especial, o diñeiro circulante que chega ás nosas mans e aínda o que os bancos manexan, os bancos seguen a facer negocio porque se saben insustituibles nunha economía libre.

E hai un banco en especial que anda buscando clientes tamén especiais, xa que só admitirá aqueles que posúan máis de dous millóns de euros en patrimonio sen contar con propiedades inmobiliarias.

Cabe supor que van recibir un trato especial estes clientes escasos e descoñecidos, por parte da entidade BBVA Patrimonio, que ven de abrir oficina na Coruña. A entidade xa tiña un servizo especial para clientes con máis de trescentos mil euros, pero agora da un paso adiante e busca clientes millonarios de verdade.

A vida segue. A inmensa maioía dos galegos seguiremos cos nosos problemas cotiáns, mínimos polo visto pero importantes para nós. En tanto, a economía segue o seu camiño, e diñeiro chamará a diñeiro, e o banco terá clientes, e seguiremos a crer que esto ten amaño, que o diñeiro non da a felicidade e que os que posúen máis de dous millóns de euros contantes e soantes son moito máis probes ca nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES