Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transporte, turismo, tendencia... Á beira da terra baleirada

viernes, 19 de agosto de 2022
Verán nunha vila costeira. Vivindo. Si, aquí tamén vivimos.

Aparcar? Máis doado, non? Hai máis prazas no verán, especiais para a tempada! En Ribadeo, medraron prazas coma fungos, nunha operación na procura de desconxestionar o pobo. Van empeño, houbo prazas, mais o tráfico non mellorou. Diríase máis ben o contrario.

Vexo estes días que en Bruxelas, ó estilo doutras vilas do centro de Europa, tenden a restrinxir o numero de prazas de aparcamento, aniquilándoas na zona centro. As diferenzas entre orientacións cara ó futuro nun e outro caso poden estar no tamaño da poboación, pero sobre todo nunha planificación, difícil en todo lugar, mais inexistente nestas terras, onde iso de 'o Ribadeo que queremos' non é que soe raro, senón que non soa. Pero, queremos a Ribadeo, non?

Diferenzas entre vila e cidade poden facilitar de xeito relativo a planificación nas cidades (máis difíciles na xestión día a día, por ser máis grandes, pero máis doadas para planificar a grandes trazos o futuro, por pura aplicación estatística a máis de por recursos). Non é allea neste caso do transporte a posibilidade de conexións públicas, abandonadas e caras nas zonas rurais en despoboamento mentres se pretenden, din, 'medidas paliativas' para evitar ese mesmo despoboarse.

Un tráfico 'endiañado'? polo turismo, con outros modos diferentes ós que por aquí se levan, fai retraer a presenza física dos locais nun espazo que sería o seu para a xente de aquí. Unha imaxe que nos leva á xa estudada xentrificación turística doutros lugares e situacións (chega lembrar a despoboamento de Venecia a menos da metade dende hai cincuenta anos). E ademais, algo que fai resaltar a falta de alternativas para pequenos desprazamentos (entre outras eivas) dentro do concello e con concellos limítrofes (a non ser excepcións relativas, como no caso de Ribadeo, da vila co resto da 'cidade lineal' costeira mariñá): queres desprazarte do centro urbano a Cedofeita? Vai pensando en arrincar o coche...

Pode que sexa hora de meter na lembranza o movemento dos 'gilets jaunes', os chalecos amarelos franceses de hai poucos anos. Denostados dende o poder, moitas veces incomprendidos por quen non ten os seus problemas, de composición política transversal, a protesta comezou pola carestía dos carburantes para os desprazamentos e a falta de alternativas reais ó transporte privado e particular, dunha xente necesitada do mesmo ó ser expulsada das cidades polo alto custo de vivenda e vida nelas. Xente que pode comprender as necesidades ecolóxicas, a escaseza de materias primas ou a emerxencia climática, relacionadas co transporte, pero que procura, como os demais, un equilibrio nas súas vidas e unhas posibilidades equivalentes á xente de cidade (ou, noutros casos, "ós turistas").

Fai falta unha nova mentalidade. Non todovale, tampouco poñendo por fronte o turismo, cartos e empregos derivados (moitas veces, facendo as contas con moito nesgo e pulo de intereses). Iniciativas como a de Pontevedra a pé ou Vilalba a pé son loables, pero insuficientes, necesitan non só de cosas como a potenciación da bici, senón tamén outras como a extensión e fluidificacióndas liñas férreas e diversos tipos de transporte público para non afondar máis a xentrificación que se suma ó despoboamento pola falta de servizos e oportunidades. Necesitan -necesitamos- dun acordo moito máis amplo, global.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES