Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 18 de agosto de 2022
Tres tristes tigres

Tres tristes tigres perdéronse pola contorna de Baños de Molgas. Os tres levaban anos encerrados nun cortello da propia vila de Baños de Molgas. E ante un despiste de Aurelio Rozas Lobal, O Africano (nin botara ben o ferrollo da porta nin, despois, usara a chave), non o pensaron dúas veces e, ó saír o primeiro, marcharon detrás os outros Pingas de Orballo dous. Certo que saíron xuntos, pero non tardaron en coller direccións distintas. Un marchou pola zona dos Piuales, outro colleu pola Parrumeira e o terceiro xa andaba perdido polos Caneiros.
Tan axiña como O Africano caeu na conta de que lle faltaban os tres tristes tigres, empezou xa unha busca desesperada para atopar a tales feras. Porque, como feras que eran, poderían e seguro que serían perigosas. Mentres Aurelio busca, eu aclaro dous puntos. O primeiro é que a tristeza dos tigres procedía, por suposto, do encerro ó que os sometera Aurelio. A ninguén, sexa besta ou humano, lle gusta estar encerrado. O segundo punto aclaratorio é que o alcume de Aurelio Rozas é posterior á súa viaxe a África, a onde fora precisamente a buscar os tres tigres. É das poucas persoas que estaban sen alias en toda Galicia.
Á causa do encerro, os tres tristes tigres tiñan algún defecto físico (os tres coxeaban dalgunha pata a causa das súas propias pelexas, por aquilo de que o cortello era pequeno e cada un deles quería marcar o seu propio territorio), polo que o Africano non lle foi difícil atopalos e conducilos de novo ó seu curral, ou sexa, ó seu cortello, é dicir, ó seu encerro. Pobres tres tristes tigres!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES