Miremos ó futuro
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de agosto de 2022
Di a Sagrada Escritura que a muller de Lot quedou convertida nunha estatua de sal por mirar atrás.
Quere decir esto que non podemos mirar o noso pasado?
Non, exactamente.
A nosa historia temos que coñecela para analisala e ve-los erros que puidemos cometer e as súas consecuencias; pero...
A mirada hai que poñela no futuro.
Mirar cara adiante con optimismo.
Pensar o que se fai, si, claro.
Non se trata de tomar decisións sen pensalo antes, sobre todo as decisión importantes.
Asuntos importantes que preocupan moito ós adultos tales como o futuro que lles espera ós nosos descendientes.
Certo que o futuro con exactitude, ninguén o sabe; pero algo está moi claro:
"TODO O QUE FACEMOS TEN AS SÚAS CONSECUENCIAS".
Polo tanto: DEBERÍAMOS OCUPARNOS DO QUE TEMOS QUE FACER NO PRESENTE PARA QUE OS QUE VEÑEN DETRÁS TEÑAN UN FUTURO PROMETEDOR.
Non se trata de resolverlles a vida: cada quen ten que resolver a súa cos seus propios medios e á súa maneira.
Trátase de preparalos para que o resolvan eles satisfactoriamente.
COMO PODEMOS FACER SE NON SABEMOS O QUE LLES ESPERA?
O que nos espera non o sabe ninguén; pero...
- Se dámos bo exemplo coa nosa honradez, eles tamén van a ser persoas honradas.
- Se lles dámos bos exemplos á hora de administrarnos, eles vanse administrar ben.
- Se lles dámos bos exemplos de respecto cara ós que pensan diferente que nós, eles van a ser tolerantes.
- Se lles dámos bos exemplos sendo caritativos, empáticos, xenerosos; eles van a ser persoas caritativas, empáticas e xenerosas.
- Se lles ensinamos a ser respetuosos e obedientes co profesorado, eles van a sacar bo rendemento dos estudios.
- Se lles ensinamos que na vida todo ten un prezo, eles saberán esforzarse polo que máis lles interese.
- Se lles ensinamos a ser persoas limpas e ordenadas, eles serán persoas pulcras e ordenadas.
- Se lles ensinamos os principios morais e relixiosos de toda persoa de ben, eles serán persoas de ben.
É decir: tratase de predicar co exemplo e non regatear esforzos á hora de loitar por un mundo mellor para todos.
Un fallo moi importante que notan algúns pais responsables é que lles estamos dando demasiadas facilidades ás criaturas e non as preparamos para o que lles espera.
Certo que hai máis adiantos que nunca; pero non é menos certo que para ter un nivel de vida digno nos mundos que corremos, o primeiro que hai que facer é adquirir unha formación moi sólida.
Aproveiar moi ben o tempo de estudiante e seguir estudiando toda vida para estar ó día na medida do posible.
A ciencia avanza moito grazas a que hai persoas que se entregan con ganas a aprender.
Ninguén nace aprendido.
Todos temos que aprender.
Aprender coñecementos teóricos e tamén prácticos, aprender cos pés na terra e a mirada elevada.
Algúns xoves fallan porque non se educaron para sacrificarse polo que merece a pena, outros fallan por egoístas ou por hedonistas.
A VIDA ESTÁ PENSADA PARA SE SUDADA.
Xa llelo dixeron ós nosos primeiros país no Paraíso Terrenal: hai que gañarse o pan coa suor da nosa fronte.
Desde que o mundo é mundo, sempre houbo que loitar a vida de cada día porque ninguén regala nada.
Trátase de cultivar a lei do esforzo.
"CULTIVAR A LEI DO ESFORZO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora