Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tipos de Raxó

miércoles, 17 de agosto de 2022
Hai moito tempo que aloumiño a idea de escribir unhas páxinas sobre os personaxes que coñecín no Raxó da miña infancia, tipos únicos que se reunían na taberna do pobo para compartir un chiquito de viño, mentres contaban a historia da súa vida.

Algúns eran clientes fixos e formaban parte da decoración daquela taberna que na trastenda tiña unha pequena cociña e unha carnicería. Outros eran clientes ocasionais que chegaban ao pobo por calquera razón e uníanse á festa.

Non gastaría moito tempo describindo o longo mostrador, no que se debruzaban os fregueses, nin os andeis de madeira cheos de produtos. Nin sequera os frascos de cristal onde se gardaban as lambetadas, nin a ringleira de botellas de coñac, protexidas por unha grosa capa de po situadas no último estante, porque, quen máis quen menos, garda na súa memoria a fisionomía desas vellas tabernas de aldea, metade ultramarinos e metade bares.

O primeiro personaxe destes tipos fascinantes de Raxó do que lles falaría sería o propio taberneiro. Un home que emigrou a México e a Estados Unidos nos anos sesenta para gañarse a vida, pero que, ao igual que outros moitos emigrantes, terminou facendo fortuna ao regresar á súa terra.

Traballou primeiro como barbeiro de sábado, oficio que alternou co de matador de porcos. Pero triunfou e logrou reunir un bo capital coa taberna, xerme do único supermercado que existiu no pobo durante anos. El era a alma daquel establecemento e as súas historias, pletóricas de humor e imaxinación, bastarían para encher un groso libro de aventuras. Era a canción triste dunha Galicia que loitou a brazo partido por saír adiante, cun sorriso nos beizos ao final de cada día.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES