A pasarela de Oza
Santalla, Iago - miércoles, 17 de agosto de 2022
Hai uns días fíxenme eco, en redes sociais, de que o Concello da Coruña ten unha pasarela que faría accesible a praia de Oza e facilitaría o baño as persoas con diversidade funcional. Esta pasarela, que forma parte do servicio de socorrismo xestionado pola empresa "TopRescue", consistenunhas alfombras que se estenden pola area ata a auga. A través destas alfombras as cadeiras de rodas poden facer a súa labor: rodar.Así a xente con limitacións ao movemento ten máis facilidades para achegarse á beira do mar.
Esta empresa, como concesionaria do servizo, ten unha serie de deberes entre os que se atopa poñer a pasarela e xestionar o seu uso. Algo que non estácumprindo. A consecuencia é que unha praia que ten todo á súa disposición para ser accesible, non o é.
Nesta praia a Fundación María José Jove desenvolve o seu programa de axuda en Praia para persoas con diversidade funcional. Coa colaboración público privada, Oza pode ser plenamente accesible dando un servizo de calidade.
É unha mágoa que a falta de vontade profesional do citado servizo de socorrismo nos impida dicir hoxe en día que a praia de Oza é plenamente accesible.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora