Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 16 de agosto de 2022
Alustra e trona

Pingas de Orballo Alustra na distancia, á altura dos Castros, aínda que soño con que o faga na serra de San Mamede. Ou mellor aínda, no monte Medo. Trona. Trona na conciencia duns seres que non teñen conciencia. Que os hai a moreas. Hai máis abisinios que alustres na tormenta. Alustra sobre os ruxerruxes dos sentimentos que van moito máis alá deses mesmos sentimentos. E trona sobre a ansiedade dun desexo.
Alustra cada vez máis cerca. Agora faino sobre a Aira de Arriba de Baños de Molgas. Ou ó mellor é sobre As Mestras. A distancia, ás veces, é un ir e vir de metros, ou unha quimera na fase da lúa vella. Trona. Trona sobre a miña cabeza, que se deixa caer sobre un poema que está por escribir. Sempre me tronou un pouco. Por veces, un moito.
Alustra aínda moito máis cerca. A potencia do lóstrego, do raio, do alustre asusta, mete medo. Hai uns cantos que asumen o medo do trono, forte, seco e eterno. Eu non. Eu son como a miña nai: gozamos co trono, co ruído do trono. Respectamos o alustre; iso si. Alustra e trona. Alustra sobre a Carballeira de Baños de Molgas e racha o carballo das Mestras. Trona sobre o barrio da Igrexa, e sobre o ritmo da Tina Turner, e sobre a xanela dun faiado, e sobre o eixo dun carro. Alustra e trona. Alustra ó meu lado. Trona o meu peito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES