Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora é tarde, Rosa

lunes, 15 de agosto de 2022
Agora  tarde, Rosa Comentan que o 15 de agosto é o día no que máis festas se celebran en toda Galicia. Hoxe é 15 de agosto. E, si, é certo, hai festas a darlle cun sacho. Tantas que o tema daba perfectamente para o Recuncho Hebdomadario e algo máis. Mesmo algunha delas pode ser a causante dun novo incendio na nosa Comunidade, a causa dos foguetes que se lanzan ó aire, pois aínda que creo que están prohibidos nestas datas, sempre hai algún ou algúns que pasan olimpicamente de tal prohibición. E despois pasa o que pasa.

Disto é do que realmente quero falar. Dos incendios. Si, unha vez máis. Porque me chamou moito a atención as declaracións de hai uns días do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, nas que negaba que a maioría dos incendios fosen provocados. Creo que xa teño comentado que, de rapaces, chegabamos a facer probas co lume; por exemplo, facendo uso do chamado pelo do zorro, unha herba tan finiña e tan seca que, iso si, se plantaba lume nela, as lapas mesmo semellaban que corrían como Usaín Bolt. O problema era que non plantaba tan facilmente. A non ser que arrincases un mangado que, entón si, aí o mixto tiña onde facer das súas.

Sobre a intención non hai máis que ver e saber o que aconteceu co declarado en Verín. Porque, si, un incendio pode ser casual por calquera motivo extraordinario, pero dez focos seguidos, son moitas casualidades de Deus. Porque, si, un incendio na serra de San Mamede tamén pode ser casual, pero que todos os anos tal casualidade aconteza nese lugar, iso non o cre xa ninguén. Ou sexa que, iso de que non son provocados tan só o cre ese señor ministro. Eu ata me atrevería de darlle un 95% (ou máis) á provocación de tales queimas, de tales catástrofes.

Provocados ou non, agora si estou co Goberno cando souben de que ampliarán a todo o ano a loita contra incendios. Xa era hora! Que se dixo sempre: que os lumes apáganse no inverno. E tamén facéndolle caso ó CSIC e ós máis vellos do lugar, cando insisten na importancia de recuperar os usos do monte. Antes aproveitábase de tal forma o monte que, aínda que lle quixeras poñer lume, non había nada para arder. Emporiso, hai que recoñecer que iso, o de aproveitar o monte, hoxe en día, é xa practicamente imposible; porque ó rural hai xa tanto tempo que se lle deu a patada que non creo que se recupere xa nunca máis. Como dicía aquel: agora é tarde, Rosa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES