Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 12 de agosto de 2022
O verso infinito

Subín a un recanto da nostalxia e pensei que afundía no pozo escuro do verso infinito. Porque certos poemas bambean no ir e vir do tempo. Quero, agora, agatuñar pola rima dunha corda que ata pero que noto frouxa, bastante lene. O verso infinito acocha nun sentimento que colga da varanda dun balcón. Dun balcón cheo de poesía.
Sentei na cadeira de vimieiro para notar o silencio. Ese silencio que resultou do Pingas de Orballo ruído que deixou o verso infinito. Ese silencio que carga de morriña o roce, o frufrú dunha faldra azul... ou verde. Ese silencio que asenta no rímmel duns beizos vermellos. Sempre haberá silencios nas batallas platónicas dos latexos.
Contemplei as nubes brancas da miña conciencia, que como é pequena, non pesa. As nubes eran poucas e compoñían o verso infinito do ruxerruxe matemático en quendas de dez en dez. A melancolía empreña en cada unha delas, en cada nube branca que anda polo ceo dunha realidade sinfónica. Hai sinfonías que deixan certo sabor a felicidade.
Seguín o ritmo dunha canción que tan só me fixo mover os pés. Non hai como unha composición na que o verso infinito se mesture coa tinta azul (ou negra) nun conto no que as fadas bailan unha muiñeira. Non hai como troulear por entre as carballeiras dos soños. Ou acougar entre os bicos do peito da musa do poema. O verso infinito non ten fin.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES