Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches intelixentes

martes, 28 de octubre de 2008
Os vehículos automóbiles non avanzan máis tecnoloxicamente porque ou o mercado non está preparado ou os fabricantes non queren.

Xa non digamos en canto a combustibles a utilizar.
Hai anos fixo furor o coche movido por un motor que utilizaba auga como elemento xenerador de enerxía, descompoñendo o líquido en osíxeno e hidróxeno e explotando as potencias enerxéticas resultantes. Pero había moitos intereses en contra e do tema non volveu falarse nunca, como se non houbese existido.
Agora resulta que en Galicia se está traballando –Centro Tecnolóxico da Automoción- nun coche intelixente que ven de ser presentado na feira tecnolóxica de Munich, e que permite a lectura de sinais de tráfico facilitando con antelación suficiente a información pertinente ó conductor.

O sistema ten moita mais complexidade, xa que permite ser utilizado en caso de accidentes para a conexión con teleasistencia, para “dialogar” cos talleres de reparación, contribuir á localización do vehículo, enviar mensaxes de socorro, transferencia de arquivos ou para desde o automóbil poder controlar as tecnoloxias existentes no domicilio do conductor.
Desto a ter un coche automático, xa non digamos aquel “coche fantástico” da serie de televisión, só hai un paso porque un vehículo “intelixente” circulando por estradas debidamente sinalizadas e delimitadas podería circular prácticamente de xeito autónomo.

Se a esto unimos que Galicia ten, segundo se ten sabido dun estudio efectuado polo Real Club Automóbil de Cataluña, as autopistas máis seguras de España, xunto con Valencia e Murcia, poderemos ser unha auténtica potencia na automoción española.
Mágoa que a coxuntura económica non saiba de adelantos técnicos, e a factoría Citroen de Vigo, motor poderoso da nosa actualidade económica, teña que reducir drasticamente a súa producción porque o sector non permite maiores alegrías.
Os coches medran en intelixencia. Falta que o mercado se entere, e saiba asimilalo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES