Non desperdiciar o tempo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de agosto de 2022
O tempo regálasenos no momento que somos concebidos no ventre da nosa nai.
Despois da xestación, pasamos a disfrutar deste regalo de valor incomparable que é a vida: OS DÍAS DE VIDA.
OS DÍAS DE VIDA QUE ESTÁN PROGRAMADOS DE ANTEMAN POLO AMO DA VIDA; PERO QUE NINGUÉN SABE CANTOS NIN COMO VAN A SER.
Durante un tempo, progresamos adecuadamente no regazo amoroso dos nosos proxenitores.
Pero, andando o tempo, chega o momento de responsabilizármonos das nosas vidas:
-Responsabilidades infantís.
-Responsaibilidades xuvenis.
-ResponsabIlidade de adulto.
-E responsabilidades seniles se chegamos a alcanzá-la senectude.
Pero...
¿Cómo e de que maneira aproveitamos o tempo?
¿Apovetámolo todos igual?
¿Apoveitámolo da mesma maneira?
Non.
Claro que non porque todos somos diferentes e cada persoa ten ás súas propias circunstancias persoais.
Aínda que todo sexamos diferentes e teñamos as nosas circunstancias persoais, temos moito en común entre tódolos humanos.
-Todos temos a opción de ser traballadores ou lacazáns.
-Todos temos a opción de administran ben o noso tempo ou derrochalo en banalidades.
-Todos temos a opción de ser persoas humildes ou soberbias.
-Todos temos a opción de ser persoas xenerosas ou avariciosas.
-Todos temos a opción de ser persoas honestas ou non.
-Todos temos a opción de armarnos de paciencia ante os avatares da vida ou de descargar a nosa ira como a tronada.
-Todos temos a opción de ser comedidos na alimenación, no vestido, no calzado
Ou non.
-Todos temos a opción de ser caritativos ou envexosos.
-Todos temos a opción de se dilixentes ou preguiceiros.
Se temos todas esas e outras moitas opcións significa que temos liberdade á hora de actuar.
¿Por qué, a veces, eliximos as opcións que menos nos conveñen?
¿Será unhas veces por fraxilidade humana e outras por unha educación inadecuada?
A fraxilidade humana é inevitable porque o ser humano é limitado.
PERO NO TOCANTE Á EDUCACIÓN DEBÍAMOS PARARNOS UN POUQUIÑO MÁIS.
Debíamos pararnos un pouquiño máis sobre todo nos tempo que corremos.
AS NOSAS CRIATURIÑAS PADECEN UNHA ENFERMIDADE CHAMADA: "FALTA DE TEMPO DOS SEUS PROXENITORES".
TAMÉN PADECE ESA ENFERMODADE UNHA BOA PARTE DA ANCANIDADE.
E TAMÉN OS ADULTOS, ESPECIALMENTE OS ESPOSOS.
¿Pode ser que desperdiciemos o tempo pensando que o aproveitamos ó máximo?
Aproveitámolo traballando a tope para traer cartos para a casa.
A vida está cada día máis cara e fan falta máis cartos.
Eso si; pero...
¿A CAMBIO DE DESATENDER ÓS MEMBROS DA FAMILIA QUE MÁIS NOS NECESITAN?
A maneira de aproveitar o tempo non se mide soamente por canto facemos se non por como o facemos.
Dicía Teresa de Calcuta:
"FACER PEQUENAS COUSAS CON MOITO AMOR"
Así que: cada un que faga o que poida, pero con moito amor.
Aproveitemos ben o tempo que nos queda.
O pasado, pasado está.
"MIREMOS Ó FUTURO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora