Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 10 de agosto de 2022
O Pasmón que pasmou

A el coñecíano polo Pasmón, porque seica pasmaba ante calquera situación que se saíse un pouco da normalidade. El estaba agora mesmo sentado na terraza dun café e pasmando ante a chegada dunha rula mensaxeira. O pasmo debíase, claro, a que as mensaxeiras adoitan ser pombas. Esta situación saíase da normalidade; era rula.
Pingas de Orballo A mensaxe colgaba da súa pata esquerda. Estaba dirixida a el, ó Pasmón. "Vou tomar o sol en roupa interior". Non pasmou; quedou coa boca aberta. Pagou o café, ergue e botouse a correr. E correu coma nunca correra na súa vida. Correu choutando valados e cruzando regatos. Correu por rectas e atallaba nas curvas. Correu suando a chorro e correu coa lingua fóra. Correu atravesando veigas e á sombra dos piñeiros.
Axiña viu. A ela. E, O Pasmón, vaia se pasmou. Pasmou un tempo, mentres a contemplaba no medio do xardín e... en roupa interior! A el o universo fíxoselle un mundo e o mundo deu voltas coma unha buxaina. Vía aquela barriga subir e baixar a causa da respiración. Vía aquel peito que rebentaba o suxeitador. Vía como ela espallaba crema e máis crema por todo o seu corpo.
El, O Pasmón, deixou de pasmar e creu ser as mans dela espallando a crema por cada milímetro da súa pel. Mellor aínda, creu ser a propia crema. E cando a baba lle chegaba ós pés, el deu a volta e marchou coa cabeza gacha. Ela notou unha sombra que fuxía e un vermello sorriso asomou ós seus beizos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES