Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recuncho Hebdomadario

lunes, 08 de agosto de 2022
Un titular estúpido

Por fin xa está aquí, xa chegou! A temporada futbolística. É certo que a Liga non empeza ata o venres, pero como pasado mañá xa temos a final da Supercopa Europea, pois xa podo dicir que, por fin, empeza o seguimento do fútbol. Si, levamos xa uns días con bastante fútbol, pero estes partidos de pretemporada non causan emoción; é máis, nin os seguimos. Creo que nin o famoso clásico de Las Vegas causou sensación. O Recuncho Hebdomadariovenres, o venres é cando empeza xa a seriedade do xogo e a emoción, a algarabía, a carraxe, o nerviosismo do afeccionado.
Certo que, ó pouco tempo, axiña empezamos a esbardallar xa contra tanto fútbol e coas falcatruadas do fútbol. Porque con estas vese que tan só hai dúas varas de medir: o Real Madrid e o Barcelona. Nos programas deportivos, nos faladoiros e na prensa tan só asoman con forza ese dous clubs. E os que teñen o poder fan e desfán á súa maneira. Nin tan sequera o VAR é quen de repartir xustiza.
Ós demais afeccionados sempre nos queda o aliciente de implantar as nosas propias metas, porque as oficiais xa sabemos quen as van cruzar: os dous grandes. Si, ás veces, asoma algún club máis que lle dá emoción á Liga. Pero é raro, é algo así como de figos a béveras, de tarde en tarde. Os nosos alicientes, as nosas metas? Pois, por exemplo, que o Celta salve a categoría, ou se alcanza postos europeos xa sería como ganar a Liga de Campións. Ou que o Atlético de Madrid lle faga fronte ó bipartidismo. Ou que un equipo modestiño chegue a entrar na Liga Europa.
E pouco máis hai. Porque mesmo na procura de grandes xogadores, hai moi pouquiño para dar e tomar. Se exceptuamos a Karim Benzema, a verdade é que... Pois nin o Lewandowski ese ten iso de estrela, carisma como para decidir partidos ou Ligas. Pode decidir un ou dous, pero... Pero xa hai uns cantos anos que "a mellor Liga do mundo" é tan só un titular estúpido ou unha significación esperpéntica duns comentaristas ou periodistas que eu penso que o din máis pola vergonza aquela de recoñecer que non temos nada, que, a nosa, xa é unha Liguiña pobre, moi pobre, demasiado pobre. Tan pobre que mesmo empezamos a ver case máis partidos da Liga inglesa que da nosa propia. Non obstante, e aínda así, a vivir con tensión esta Liga que empeza! E oxalá que o Celtiña me dea esa gozada da Liga de Campións, ou sexa, entrar en Europa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES