Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta aberta e solidaria para o amigo Iago Santalla

lunes, 08 de agosto de 2022
Hai días, 03-08-2022, recibín no facebook esta denuncia social do noso benquerido amigo Iago Santalla e interpeloume persoalmente. Algo así como: non fiques calado! Únete ao seu grito de dor e de rebeldía absolutamente xusta. Se fico calado eu tamén son responsábel do abandono e dos desprezos aos débiles.

O texto dicía así:
"Iago Santalla".- "Vergoña de Praia de Oza Adaptada. Dous anos levan unhas pasarelas adaptadas, compradas polo Concello da Coruña, metidas nunha caseta e sen usar. Pasarelas que facilitan o acceso a auga polo areal coa silla de rodas. Sufrimolo tod@s os que imos en silla e os que pagamos impostos". Facebook, 03-08-2022.

Antes de nada, todo o afecto e solidariedade contigo, querido Iago. E, en ti, tamén con todas as máis diversas persoas dos máis variados casos nos que se ven afectadosou teñen dificultade en todos os tipos de discapacidades: visuais, mentais, auditivas, afectivas, soidades, desprezos, depresións, inmobilidades diversas, etc.

E aquí estamos todos implicados. Non vale apuntar co dedo cara ao outro ou pórme da parte dos bonitos, "dos que todo o facemos ben". Todos, eu tamén, somos responsábeis. Que ninguén se bote da parte de fóra. É un problema persoal e colectivo. De todosos sitios: campo e cidade. Non estamos a facer as cidades ous
as aldeas para as persoas.

Non damos a preferencia debida a quen menos pode, tiramos lixo onde logo hai un perigo serio para a saúde pública ou para a mobilidade de nenos e maiores, derrubamos os contedores comúns, escachamos vidro ou espallamos moreas de porcalladas. Os restos máis diversos dos botellóns fican a cotío estrados perigosamente para todos polas rúas, nos bancos, no campo ou nos portais.

Pensemos nos incendios, na eucaliptización salvaxe ou na explotación irracional do mundo que nos toca vivir. Na destrución da sanidade pública ou da axuda social ou na degradación sistemática do sistema xeral educativo, etc.

No ben común e na "res pública" estamos toda a cidadanía: Estruturas e sistemas; familia, escola, autoridades e os individuos. E aí estamos todos. No dano e no mal que facemos as cousas, tamén. Non vale dicir: "A mi nadie me tiene que venir a indicar cómo o con quién tengo que beber o comportarme en la calle a la hora que a mi me convenga y como me plazca". Suavicei a cita do señor que a proferiu xa que na súa literalidade era moito máis desprezativa, chulesca e irreverente.

Semella que unha educación cívica, en novos e maiores, está en regresión e é deficiente. Mesmo cando facemos unha obra calquera miramos máis para a nosa idea e comodidade. Porén, como queda todo ou onde o imos tirar os refugallos? É un problema de cidadanía.

Parecía como que tiñamos moito adiantado. Pero volven a xeneralizarse os malos hábitos e medra o descenso da conciencia común de respecto ao outro e ao de todos.

Con actitudes e soflamas coma as da Señora Ayuso, invitando a unha liberdade de facer o que mellor me pete e me veña en ganas en cada momento non se axuda en nada. E cito a esa señora por ser unha autoridade moi significativa dunha gran comunidade. Dáme igual do lado que sexa. É unha autoridade, que manda e goberna, e debe cumprir unha función de exemplaridade social. Como que o faga Putin ou os negacionistas da vacinas antiCovid, ou os que gobernan os Xeriátricos onde apodrecenanciáns e escravizan aos traballadores e tratan aos familiares daquela maneira. Parece que o importante ésó o máximo lucro.

Xa sei que a pandemia fixo moito dano psicolóxico e alterou moito as formas de vivir e aumentou os desesperos ante a vida. Estannos avisando da grande necesidade da axuda de psicólogos e psiquiatras que nos axuden a reestruturar de novo as persoas e as comunidades. Incluso medran os riscos de suicidio desde idades moi temperás. Estamos todos moi necesitados dunha grande sanazón persoal e colectiva. E cómpre tomar conciencia. Vainos nisoa vida.

Pero estou profundamente contigo, Iago. Porque, logo, a vida dáse na realidade concreta de cada intre. E ademais do quefacer institucional, hai que baixar á realidade e denunciar publicamente os casos concretos. Porque é aí, no concreto, onde sofren as persoas e tamén onde se dan solucións. Porque os que non sufrimos esa necesidade miramos para o outro lado. E non sempre por malicia. Simplemente porque “non me apreta o zapato" ou porque vivo máis cómodo así, ou... E o que non se di non se sabe. Pero o problemasegue aí para todos e segue sendo esencialmente estrutural e iso xa é político, de todos os partidos e ideas. A casa común é unha causa común.

Unha aperta, meu benquerido amigo, noso estimado Iago. A túa denuncia xa deu algo de froito. Non desesperes. Mira cantos e cantas nos solidarizamos contigo e con todo o que estás a denunciar.

Dicía Castelao: Petar na i-alma do povo ata conquerir un estado de conciencia colectiva revolucionaria e de necesidade cambio. Ti xa o fixeches, amigo. E fixéchelo para beneficio de todos. Aí está o teu gran valor

GRAZAS, IAGO. Ti sempre tan positivo e colaborador. Sempre fuches un grandísimo e eficaz educador. GRAZAS.
Con todo afecto e respecto de Xaquín de Roca.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES