Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ao noso Alfonso témolo todos moi enfermo

viernes, 05 de agosto de 2022
02-08-2022.

Habitualmente sabemos e alcanzamos a verdadeira persoa e a súa grande valía cando xa nos comeza a escasear a súa presenza. As perdas veñen descobrirnos as nosas urxentes necesidades.

Alfonso foi todo todo un universo de convivencia que coa súa chegada a Guitiriz e nos Ao noso Alfonso témolo todos moi enfermoabreu en toda a Terra Chá e en toda a Galiza e aínda máis alá na Galiza da diáspora.

Temos a sorte de telo aínda entre nós. Ogallá que por moitos anos, xa que aínda é novo. Porén a súa saúde, por desgraza, está xa moi diminuída. Entregouna, gastouna e desgastouna sen medida, a veces en demasía, a prol de todos nós e do NÓS comunitario.

Ninguén se poderá atrever a dicir o contrario. Puido ter defectos. Pero da súa entrega total só poderemos dubidar se somos dos que nos encadremos entre "os féridos e duros, ou tal vez dos ambiciosos e maliciosos, ou dos interesosos e mal intencionados.
É o 'meu' Cura, en San Xiao de ROCA, onde eu nacín. E foi aí precisamente onde caeu xa extenuado, acompañando no adeus final a un rapaz a quen el estimaba e ten axudado. Quérenos e querémolo. Respectámolo.

Estamos preocupados, e non é para menos, coma todos os demais seus fregueses. Non temos a exclusiva. Pero fomos testemuñas presenciais da súa debilidade extrema. E iso fai pensar.

A utopía de Alfonso aínda é de moi longo percorrido. Pero hoxe el está que non se tén. E podémolo perder.

Nunca é doado continuar a un carismático. É máis fácil vérmonos na oportunidade e posibilidade de loitar por repartir a herdanza a cachiños. Pasa con frecuencia: Alfonso é noso. Non, Alfonso e meu. Ou apuntarse aos do outro lado onde nunca se situou: "Alfonso está escorado". Non! Alfonso é moito máis e transcende cicatadas sen sentido. Alfonso é e foi sempre de todos, como dixo San Paulo: “Fíxenme todo a todos para chegar e axudar a todos".

El non escolleu vir para Guitiriz: Mandárono coma un comodín "de paso" para tapar un furado nunha remexedura de cargos moi común naquela época.

Pero el tomounos en serio e fixo de nós unha opción definitiva, creando unha realidade nova que ía esixir xa a súa permanencia aquí.

E chegados aquí? A ver se somos capaces xa desde agora de tomar unha respectuosa continuación, verdadeira, axeitadamente institucionalizada, para seguirmos entre todos esa escola aberta, creativa, esa escola de vida tan polifacética da que el é digno e merecente. Para nós sería un inmenso retroceso.

Estouno despachando? Non! Estou avisando. Se Alfonso é noso debemos ocuparnos del e de toda a súa inmensa obra.

Cada vez que o vou ver ao longo do ano, (somos amigos e colegas no de curas incluído o cárcel onde eu son voluntario desde hai 14 anos), non podo arredar de min unha matinación. Ao mirar a súa faciana noto que algo especial que me fascina, me afecta e me proe persoalmente alá dentro.

Profética e silenciosamente úrxeme e interpélame no fondo da alma e en todo o meu entramado de persoa adulta ben constituída. É coma un desafío. Créase en min un desacougo existencial por se entre todos nós non saberemos continuar a súa infinda utopía. Doeríame. E vénseme á mente a mensaxe daqueles versos de Curros, coma o seu proxecto vital:

"Galegos que me escoitades,
galegos que a verme vides
hoxe de eiquí non saídes
sin facer as amistades!
Das nosas debilidades
o diaño non se ha de rir.
Vámonos todos a unir,
matando rencores cegos;
que na unión dos bos galegos
está da patria o porvir!!!"
(Fragmento do poema 'Pola Unión' de Curros Enríquez).

Grazas á súa familia por dárnolo para nós. Non o están pasando ben.

Alfonso, querémoste!!! E necesitamos de ti!!!

Unha aperta para todos con moita amizade.

Xaquin de ROCA - Guitiriz.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES