Ser felices e facer felices ós demais
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de agosto de 2022
Estamos en tempo de vacacións de verán, unha época moi propicia para disfrutar do merecido descanso na compañía da familia e das amistades visitando diferentes lugares.
Bo momento para ser felices e facer felices ás persoas que nos rodean.
Pero non todoss poden facer vacacións nin disfrutar dese merecido descanso veraniego.
Polo tanto no se pode basear o estar felices polo feito de estar de vacacións.
ESTAR FELICES É UNHA TAREFA DE TÓDOLOS DÍAS Ó LONGO DE TODA A VIDA.
A felicidade non vén só do exterior polo feito de estar de vacacións divertíndose, descansando, lendo, compartindo...
Eses son factores que poden facilitar a felicidade; pero non son determinantes.
Se así fora quen non pode facer vacacións non podería ser feliz.
Eso sería tremendamente inxusto.
Pero non é así.
A VERDADEIRA FELICIADADE NACE DO NOSO INTERIOR, TEN A SÚA ORIXE NA SATISFACCIÓN DO DEBER CUMPLIDO.
Polo tanto está ó alcance de todos con tal de cumplir relixiosamente cos deberes que lle corresponden a cada persoa.
Así:
-Os estudiantes estarán moi felices se acadaron os obxectivos do curso que remataron.
-As parellas de noivos serán feices se dedican un tempo a coñecerse e planificar a súa vida en común...
-Os esposos serán felices se se aman mutuamente con tódalas súas forzas.
-Os pais de familia serán felices se inculcan valores ós seus fillos e lles dan bos exemplos tanto na vida familiar como na social.
-Os anciáns serán felices se deixan un legado ós que veñen detrás para que poidan construir o seu futuro sobre unha base sólida.
A parte destes deberes propios de cada etapa da vida, cómpre buscar a felicidade nas cousas sencillas do día a día:
- Un sorriso.
- A mirada inocente dunha criatura.
- Unha flor.
- Un mencer.
- Unha posta de sol.
- Unha paisaxe.
- A brisa que acaricia a vexetación.
- Unha visita amiga.
- Un necemento de calquera ser vivo.
- Unha lectura.
- Calquera boa noticia.
- A contemplación.
- A oración.
- Unha melodía agradable.
- A nosa canción preferida.
- Un monumento.
- Unha obra de arte.
- As ondas do mar.
- O aire puro da montaña.
- Unha pradeira en primavera.
- Un cultivo que medra.
- Etc, etc
Vostede estarase preguntando:
Todo eso se hai saúde.
E se non a hai, que facemos?
Se non a hai:
- Agradecemos os coidados recibidos.
- Soñamos con saír desa situación canto antes.
- Agradecemos o tempo vivido con boa saúde.
- Deixámonos querer.
Así seremos felices e faremos felices ós demais.
En fin.
Sempre hai motivos para ser felices aínda que que a felicidade completa non a imos ter nesta vida.
Do que se trata é de non perder oportunidades para ser feliz.
"NON DESPERDICIAR O TEMPO"
Este será o título do seguinte artigo.
Grazas por estar aí e terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora