Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sectarios

jueves, 04 de agosto de 2022
Durante case tres décadas pertencín a unha secta. Ó principio foi difícil adaptarme. Sorprendeume que fósemos simplemente "cachos de carne con ollos que non teñen dereito a nada", como nos definiu un dos pastores nunhas xornadas de convivencia. Pouco a pouco funme integrando ata ser un membro recoñecido entre eles. Ata subín un pequeno chanzo na escalafón da Institución. Sentíame ben e plenamente realizado como persoa. Non durou moito. Caín en desgracia ó unirme a unha corrente interna que nos reivindicaba como algo máis que números. Que eramos persoas con plenos dereitos, como o resto da sociedade! Foron tempos duros. Comezamos a denunciar os abusos que se estaban a cometer. Accidentes por neglixencia, algúns con falecidos, que non eran investigados. Porque as súas normas internas están por riba da xustiza común. O seu poder incluso lles permitiu enviar os corpos dos falecidos ás súas familias óchou. Comezou a represión por parte da Institución.

Privacións de liberdade (poden facelo sen ser autoridade xudicial) e expulsións.
Deixei a congregación hai tempo e creo que estou totalmente integrado na sociedade. Este día topeicun antigo adepto co que convivín durante anos nunha unidade (así chaman ós módulos da seita). Ían celebrar o aniversario desa unidade e invitoume. Habería actos para lembrar ós compañeiros falecidos e unha comida de irmandade. Dubidei. Pero nin sequera llo consultei ó psiquiatra. Aceptei. Quería volver ver xente coa que compartira moitos momentos. Incluíume nun grupo de WhatsApp para estar ó tanto do evento que se celebrará o vindeiro mes de setembro.

Unhas horas despois chamoume un sumo sacerdote para dicirme que eu xa non era a mesma persoa de antes. Que cambiara moito e para peor. Que escollera un camiño equivocado na miña vida e que non sería ben recibido nos actos.

Marchaches... xa non formas parte deste grupo

PD: O 17 de setembro de 2022 a dotación de quilla do Buque de Aprovisionamento e Combate "Patiño", da Armada Española, celebrará o seu XXV aniversario. Parabéns.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES