Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cal é a orde precisa?

miércoles, 03 de agosto de 2022
A miúdo se escoita iso de "la libertad dentro de un orden". Quintín Cabrera no seu "informe provisional", despois de afirmar que o asusta, explica porqué:

"Me asusta la libertad dentro de un orden.
El cascabel al gato ¿Quién le pone?
porque son los que inventan las fronteras
los mismos que expiden pasaporte".

Recoñezo a miña devoción polo Quintín e recoñezo, tamén, un sursum corda total con esta canción. Agora ben, a partir dela, xórdeme o reto de manter o equilibrio entre o absolutismo e o relativismo. Quizais o mal está na soberbia e no egocentrismo: na necesidade de poñerlle ao cascabel a gato.

Vivir é moito máis doado: primeiro valores firmes, despois ter claro que a liberdade nin se dá nin se usurpa, tómase e exércese e por último que a ofensa é unha postura persoal subxectiva difícil de obxectivar.

Ante isto quizais a regra máis xusta sexa acompañar a liberdade do "hakuna matata": arrédanos de presuposicións, líbranos de preocupacións e pon alicerces de respecto e de concordia (sen inventa fronteiras nin expedir pasaportes nin poñerlle cascabeis aos gatos).

Agora ben, para isto, hai que crer na xente, ter claro que non existen guieiros absolutos e que o ámbito subxectivo é un mal compañeiro da lexislación.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES