Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño do bosque

jueves, 04 de agosto de 2022
Rompe o día antes das sete e o aire fresco da mañá renova a miña alma, mentres vou deixando atrás os últimos vestixios urbanos. A medida que subo cara ao bosque desaparece o rumor do tráfico e só alcanzo a ver de lonxe algúns automóbiles que marchan nunha desenfreada carreira cara a ningunha parte, cal exército de formigas.

A aldea espreguízase lentamente, ao mesmo ritmo da natureza que saúda o milagre dun novo día. Merlos, pardais e verderolos xogan a facer piruetas imposibles e, xusto ao entrar no bosque, foxe escorrentado ao verme un peto. O aire cheira a eucalipto e maltrastes. Non se ve a ninguén, aínda que os ollos de ducias de animaliños son testemuñas da miña marcha, acazapados tras un fento ou unha pedra vestida de musgo anello.

A natureza é a única verdade que existe, aínda que todo o mundo púxose de acordo en darlle as costas. O desprezo da vida en todas as súas formas e dos ecosistemas naturais é o sinal de identidade das sociedades industriais avanzadas. Os seres humanos tornáronse insensibles e nin sequera escoitan as advertencias daqueles científicos que alzan a súa voz para espertar conciencias aletargadas pola comodidade.

O planeta está ferido e ese mar azul que agora contemplo, desde o curuto do monte, non para de engulir refugallos do noso insensato modo de vida. Tamén o bosque, que me abraza coa súa sombra, está ameazado e sofre as consecuencias dun mundo que se volve tórrido por momentos. Agora, máis que nunca, a sustentabilidade é un imperativo categórico que concirne a todo o mundo, no plano individual e comunitario. Escoitaremos algún día a morte sen pranto da natureza?
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES