Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas Xacobeas: O camiño dos xacobitas en Santiago de Barbadelo-Vilei (II)

jueves, 28 de julio de 2022
Históricamente as casas deste núcleo formaron parte de lugares forais do dominio do Priorado e Tulla de Barbadelo (dependente de Samos) e algunha delas pertencía ao mosteiro da Madalena de Sárria.

Os 741 metros da ruta xacobea "canónica" entre As Paredes e Vilei, pasado o súpeto treito da Ribeira de Cervos, van por unha pequena chaira ata o Rego de Paredes, onde Cousas Xacobeas: O camiño dos xacobitas en Santiago de Barbadelo-Vilei (II)principia unha costiña que atravesando o lugar segue, na actualidade, por unha pista ata chegar ao lugar de Mosteiro. Estes espazos estiveron vencellados ao mosteiro de Samos, primeiro, e ao Concello de Samos despois, ata 1840, ano no que se integraron no concello de Sárria.

Pasados o río Celeiro e o Rego de Cervos, Vilei é o primeiro lugar poboado que se acha e está sinalado co marco do quilómetro 111. Está entre os castros de San Silvestre e das Paredes. O seu nome vén dun posuedor medieval, "Belenus" (Belei-Vilei).

A aldea de Vilei, á que se chega tamén por vías asfaltadas con orixe perto do Romeo (Maside) e fronte da igrexa de Farbán, é na actualidade un punto ben dotado para a acollida de peregrinos, onde hai establecementos hostaleiros de moi boa calidade. Históricamente as casas deste núcleo formaron parte de lugares forais do dominio do Priorado e Tulla de Barbadelo (dependente de Samos) e algunha delas pertencía ao mosteiro da Madalena de Sárria.

Pasa o camiño neste treito por terras que foron searas e namelas, sen arboredo, nas denominacións de Agro de Abaixo, Casarellas, Penelos, Agrelo, Lama Río, Penedo, Cortiña, A Raña, Pena da Vila e Pataral e no rebordondo da ribeira está documentada a existenza dunha medorra vencellada ao Castro das Paredes. O topónimo Casarellas remítenos a pobres edificacións séculos atrás alzadas na beira do camiño, e desaparecidas, que estaban non lonxe da Casa das Paredes.

Dentro da aldea hai unha fonte secularmente usada polos camiñantes e polos veciños para apagar sedes e para usos domiciliares. Anos atrás o rueiro foi obxecto de obras de acondicionamento e así, na actualidade, o conxunto presenta un aspecto xeral de boa conservación, eliminados que foron os espazos propicios para o bulleiro.

Hoxe forman parte deste núcleo as casas da Aira, Álvaro, Anuncia, Arxemil, Baixo, Cerrrelleiro, Daniel, Penela, Portugués, Rivera, Vicente e Zoqueiro, varias delas froito das partillas dos antigos forais dos Gudíns, Pena da Vila , da Madalena e Casar das Figueiras. Na chamada casa da Tenda, hoxe vaga, achamos unha referenza a unha actividade vencellada ao camiño. En 1981 o número de habitantes era de 53 e no 2013 baixou a 37, seguindo a tónica xeral do medio rural sarriao.

A Casa de Barbadelo, a Casa das Airas e un espazo de descanso están adicados á Cousas Xacobeas: O camiño dos xacobitas en Santiago de Barbadelo-Vilei (II)acollida de xacobitas, contan con bos servizos e ofrecen prestacións que van máis alá das ofrecidas por simples albergarías, por iso o lugar xoga un importante papel como remate de etapa ou para comezo da peregrinación.

A parroquia de Santiago de Barbadelo é, en superficie, a meirande do concello de Sárria e as súas orixes están vencelladas a institucións monásticas instaladas na Idade Media nos actuais lugares de O Mosteiro, San Martiño, Taíde e Marzán, que acabaron caendo baixo a órbita do mosteiro de San Xulián de Samos e os moradores nela, primeiro como vasalos, e despois como foreiros fixeron posible, co pagamento das rendas, o nacemento e esplendor dos mosteiros, igrexas e ermidas das que se garda memoria.

Se na Idade Media eses centros de vida monacal acolleron peregrinos, na actualidade son doce os establecementos que na parroquia de Barbadelo adican unha especial atención aos camiñantes que van cara Compostela.
López Arias, Xaime López (Arlindo)
López Arias, Xaime López (Arlindo)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES