Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sería maravilloso

jueves, 28 de julio de 2022
A vida non é fácil para ninguén.
Certo que para unhas persoas é máis fácil que para outras; pero en calquera caso todos temos que loitar con tódalas nosas forzas para conseguir unha calidade de vida algo mellor no día a día.

CANTO MELLOR CALIDADE DE VIDA TEÑAMOS, MÁIS FELICES SEREMOS.
E non me refiro só a calidade económica, necesaria, senón á CALIDADE HUMANA INTEGRAL.

Tódalas persoas temos unha parte física que precisa alimento, vestido, calzado, teito…
Para conseguir todo esto xa se precisa moito esforzo, moito traballo, moita entrega, moitos cartos, moita sorte na vida e moito tempo.

Pero aínda hai algo máis importante: A NOSA VIDA PSICOLÓXICA, A NOSA VIDA ESPIRITUAL, A NOSA VIDA MORAL...
En resume: o alimento da nosa parte espiritual, da nosa alma.

Certo que hai que pensar nos bens materiais porque non podemos vivir do aire.
Pero NON PODEMOS ESQUECER OS BEN ESPIRITUAIS QUE SON OS QUE DAN PLENITUDE Ó NOSO DESENROLO COMO PERSOAS.

Por eso moitas persoas pensamos no maravilloso que sería:

-QUE DESTERRÁRAMOS A SOBERBIA DAS NOSAS VIDAS
Que non quixeramos ser máis que ninguén.
Que non fixeramos comparacións porque as comparacións son odiosas.
Que tan só aspiráramos a ser nós mesmos desenrolando ó máximo as nosas capacidades e agradecendo tantos e tantos talentos que a vida nos ragala gratuitamente.

-QUE DESTERRÁRAMOS A AVARICIA DA NOSA MENTE
Sendo felices co que honradamente poideramos alcanzar, sabendo administrarnos da mellor maneira posible, aceptando os nosos límites e disfrutando os nosos logros.

-QUE DESAPARECERA A LUXURIA DESTE MUNDO.
Porque bota a perder moitas vidas, rompe moitos matrimonios, produce moita escravitude e moito sufrimento a moitas persoas...
É certamente un mal social: unha lacra a erradicar.

-QUE SOUBERAMOS CONTROLAR AS NOSAS EMOCIÓNS DE IRA.
Ter autocontrol, ter autodominio das nosas emocións en momentos que nos crispan, sería moi benficioso tanto para a nosa saúde física como psicolóxica.
E non só para nós.
A nosa ira tamén afecta a outras persoas.
Todos deberíamos facer cusos para aprender a controlarnos.
A ira non é boa compañeira.
A veces precisamos desfogar; pero con "sentidiño".

-QUE NON DESPERDICIÁRAMOS OS ALIMENTOS.
Porque co que tiramos nos países desenrolados, taparían a boca moitos que están desnutridos ou morren de fame noutro lugares.
O que hoxe lles pasa a outros, pode pasarnos a nós mesmos.
A vida pode cambiarnos en décimas de segundo.
Non se pode cuspir cara o ceo.

-QUE NOS CONFORMÁRAMOS CON SER COMO SOMOS E CON TER O QUE TEMOS.
A fin de contas, ninguén nos vai regalar nada.
Sería moito mellor disfrutar do que se ten en lugar de sufrir polo que non se ten e posiblemente nunca se terá.
Pasamos moito tempo sufrindo inutilmente.
Mellor sería dedicalo a aprender a disfrutar das pequenas cousas que temos ó nos alcance.

-QUE NOS OCUPÁRAMOS MÁIS:
Á hora de coidar a nosa saúde corporal, intelectual e, sobre todo, a nosa saúde moral.
Á hora de coidar a nosa casa común, que a estamos maltratando demasiado.
Á hora de disfrutar do natural: do aire, do mar, da terra, da vexetación, da fauna, do que a vida nos dá...
Á hora de valorar o que verdadeiramente merece a pena: ser felices e facer felices ós demais.

"SER FELICES E FACER FELICES ÓS DEMAIS"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo seu bo proceder para facer deste mundo o maravilloso que é.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES