Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 27 de julio de 2022
O marco de pedra
Son o marco de arriba do lado esquerdo da finca do Milhomes. Digo de arriba porque a finca é un pouco empinada. A leira da esquerda é do Furafollas, á dereita lindo co Efrén, o Saltón; entesto arriba coa leira da Doniña e por abaixo está a do Saído. Teño unha gran vantaxe con respecto ós outros tres marcos: que eles están practicamente enterrados por completo (mesmo moitas veces para buscalos teñen que Pingas de Orballo picar coa punta dunha fouce para dar con eles), mentres que eu son unha enorme pedra, vella, de granito, que me puxeron aí desde aquel tempo que nin eu mesmo recordo.
Tamén é verdade que para certas cousas teño desvantaxes con respecto ós meus parentes: por veces, as pegas apousentan enriba de min e cáganme, as serpes enroscan ó meu arredor, algunha que outra vaca vén rañar o pescozo e abanéame de carallo (menos mal que estou ben enterrado) e case sempre o Milhomes, o Furafollas e a Doniña zorréganme cos seus sachos ou aixadas para soltar esa terra húmida que ás veces queda pegada nesas ferramentas.
Desde eses tempos que non recordo vin xa de todo. En principio, os outros marcos pásano mal porque, agora, os tractores non respectan nada e os seus arados arríncanos de cando en vez. O Milhomes bota pestes pero acaba enterrándoos de novo. Vin agarradas entre o Milhomes e a Doniña porque esta acusábao de moverme uns centímetros. Algo que era imposible; polo que peso. Vin chorar ó Milhomes pola perda dalgunha colleita. Vin envorcallarse ó Milhomes coa súa dona e coa que non era súa dona. Vin... vin moito.

Café Brétema. A Valenzá. Venres, 22 de xullo de 2022
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES