Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 26 de julio de 2022
O volume das novelas

Eu ben sei que a intelixencia ás veces bríllame pola súa ausencia. Logo de ler miles de libros empezo a entender certas características dos mesmos. Por exemplo, o volume dos chamados best-séller, e máis en concreto aqueles catalogados como policiais ou do xénero negro ou dos asasinos en serie. Resulta que os inspectores ou policías que levan os casos reúnense todos os días ás oito da mañá (aínda que as noites anteriores se deitaran ás catro ou cinco da madrugada, ou non se deitaran) para Pingas de Orballo falar das probas que teñen e para analizar os pasos a seguir. Cando descobren unha nova proba ou algo semellante, zas, nova reunión para dicir o que conseguiron e analizar de novo, e desde o principio, todos os pasos. Así todos os días, polo que cinco ou seis páxinas máis en cada reunión para facer unha voluminosa novela, que, canto máis gordos sexan os libros, máis fama para o escritor. Por iso cada vez admiro máis a aqueles que con cento e pico ou duascentas e pico páxinas me deixan máis contento que un cuco.
Outro detalle que descubrín logo de tantos anos de lectura foi o das comidas. Nos libros cómese mellor que neses restaurantes de moitas estrelas Michelin. Incluso calquera personaxe come coma se fose rico de por vida, desde ostras bañadas en non sei que ata mestura dos mellores mariscos con non sei canto. Regadas todas as comidas, iso si, con viños prohibitivos. Ninguén se pon a comer unha potaxe, ou un repoliño, ou un cacho de pan con touciño, por exemplo. Nas novelas ninguén sabe o que é un bocadillo de chourizo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES