Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encrucillada. 45 anos. Experiencia e plenitude. Señorío.

martes, 26 de julio de 2022
Canido - Ferrol, 25 de xullo de 2022.

1977. Canido-Ferrol. Despois de superar abondosas dificultades na ditadura, na primeira transición e importantes tensións intra eclesiais, en xaneiro de 1977, por fin, nacea REVISTA ENCRUCILLADA. Hai 45 anos!

Engracia Vidal Estévez, a primeira secretaria, encontra unha humilde bufarda na rúa Insua, Canido Ferrol, onde fixa a súa estancia para vivir ela e constituíra primeira sé e referencia social da tan ansiada Revista. Ela era a figura clave para asegurarmos as condicións de posibilidade de tal nacemento se queriamos ser eficaces e ter persistencia no tempo. Eran tempos do pos Concilio Vaticano II. Moito sacrificio, heroicidade, voluntarismo e desexos de acertar. Canta gratitude lle debemos todos.

D. Angel Suquía Goicoechea, arcebispo de Santiago, desde os inicios, nunca aceptou a idea da creación da tal revista. E con el en contra, daquela, non se ía adiante. El era moi do sistema e a idea da revista non.

Grazas ao valioso abeiro do noso benquerido bispo, D. Miguel Anxo Araújo Iglesias, que había pouco que chegara a Ferrol, foi posíbel ir avanzando desde aquí...

Hoxe, ENCRUCILLADA ten a súa sé na rúa Ángel Rodríguez González, 20. Santiago de Compostela. A secretaria actual da mesa de redacción é Marisa Vidal Collazo. Esta polifacetica dona soubo asumir, recoller e impulsar plena e eficazmente a traxectoria ascendente desta "revista galega de pensamento cristián", como gosta de subtitularse indefectibelmente en cada número desde o seu nacemento.

As mellores sinaturas do pensamento de galeguidade e dun humanismo cristián aparecen en cada intre nos índices nos 45 anos de existencia.Nas súas 116 páxinas trata as problemáticas máis candentes e actuais. A galeguidade certamente é unha das súas marcas definitorias.O seu cariz é eminentemente serio, científico, aberto e tolerante.

O ámbito de difusión alcanza bibliotecas de Europa, América Latina, USA, África e Oriente, onde hai subscricións, lectores, ou intercambios con publicacións de similares inquedanzas. E moi ben recibida e incluso demandada.

Quen pode gabarse de ter no seu haber o nacemento e desenvolvemento dunha tal publicación e non se comprace de tal honor? É nosa e de nós.

Ás 19:30, no serán do 5 agosto, o Centro Cívico de Canido-Ferrol acolle con agrado, satisfacción e alegríaacelebración dun acto aberto ao público para celebrarmos algo que sempre formou parte da propia e máis nidia idiosincrasia do noso bairro e de Ferrolterra. Imos celebrar a efeméride.

Un mal exemplo. El Correo Gallego tamén 'o nacemos aquí' no 1878. Aquí se editou. Edesde aquí se distribuíu ata o 1937. Logo mudou para Santiago. E nestas datas acaba de esmorecer. Poucamemoria del fica entre nós. Moi pouca xente sabe que D. Manuel Comellas foi un dos seus grandes directores.

Non desexamos que nos pase algo parecido con Encrucillada. Cos seus 45 anos de galeguidade xa está nesa etapa de experiencia e plenitude. Ten señorío. É un herdo de alta estimanza e non queremos perder este galano.

O acto é aberto a todo o público.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES