Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Velocidades

sábado, 23 de julio de 2022
Enséñanme unha multa por exceso de velocidade na saída de Lugo cara A Coruña, onde hai un sinal de sesenta, medio agochada, que os habituais coñecemos como trampa para automobilistas que se confían pensando que xa non hai limitación algunha.

Á saída da cidade hai un lóxico límite de cincuenta por hora para moderar o tráfico, que logo sustitúe un de oitenta, pero uns centos de metros despois, cun seto que tapa o novo sinal, hai unha limitación de 60, que non se sabe por que está alí, preto duns concesionarios de coches e un establecemento hosteleiro pechado hai anos. Pouco despois, un novo sinal de 80, deixa como un lapus o breve tramo que parece pensado para cazar incautos.

Ninguén recoñecerá afán recaudatorio, impulsado por quen corresponda, pero a situación que dura xa ben anos é abondo sospeitosa de que a seguridade é algo accesorio, sendo principal facer que os infractores paguen economicamente a súa culpa. E isto non é de agora, senón de sempre. Se non, a saber por que un dos sitios de control preferidos é o cruce de Rábade, na saída da autovía, ou porque se fan controis en lugares que sorprendemente quedan preto de lugares onde se celebran festivamente vodas, bautizos e banquetes.

Mirando atrás, cando o tráfico circulaba pola Nacional VI, en Begonte situábase un coche de Tráfico que sacaba fotos dos vehículos infractores, e cando acababan dous carretes - a capacidade das máquinas era limitada – consideraban rematado o control. Quizais todo agora está automatizado, e non fai falla facer fotos porque unha máquina se encarga de recaudar as aportacións dos conductores aos orzamentos do Estado.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES