Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A disculpa da crise

jueves, 23 de octubre de 2008
Como o mundo da actualidade magnifica todo o que nos rodea, e as informacións que recibimos ou proporcionamos son recibidas por persoas seriamente preocupadas e ávidas de coñecemento, todo o que á crise económica se refira ten de antemán garantida a atención.

Calquera tema de actualidade queda, na práctica, relegado pola noticia ou o rumor, pola especulación ou o dogmatismo, porque lograron imbuirnos o clima de incertidume no que este tema se afianza cada día con máis forza.

Pero a crise vai ser disculpa para outras cuestións, de maneira que os beneficiarios de calquera situación poidan tamén lucrarse con esta.

Xa se nos informa de que os Ministros de Medio Ambiente da U. E. veñen de reunirse para abordar o tema da fabricación de vehículos automóviles que contaminen menos. En principio, estaba previsto que a partir de 2012, todos os coches novos deberían emitir menos de cento vinte gramos de CO2 por kilómetro recorrido, cando agora permítese ata cento sesenta gramos. Pois a mayoría dos ministros son partidarios de adiar de 2012 a 2015 esta loita contra da contaminación, pois tendo en conta que os coches menos contaminantes serán máis caros, consideran que non é este o momento oportuno para crear novos problemas nun sector no que xa abundan as dificultades.

Esto é só o comezo. Coa disculpa da crise retrasaranse os compromisos dos gobernos cos verquidos ou contra as emanacións controladas por Kioto, as axudas ó exterior ou a colecivos do interior con problemas. Falando de crise, case todo está permitido, case todo está previsto. É unha disculpa perfecta, ata que nos mentalicemos e comecemos a pensar e obrar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania