Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 21 de julio de 2022
A nube filomena

Son a nube que está xusto por enriba da vila de Baños de Molgas. Sei que é Baños de Molgas porque a torre da súa igrexa delátaa un pouco. É que, á causa da súa altura, case me bica as folerpas de algodón. Estou soa. E confeso que case con medo. Nunca me vira tan soa. Sei que madrugara pola serra de San Mamede acompañada dunha morea de irmás. Eramos tantas que nin as puiden contar. Pero, e non sei como Pingas de Orballo nin por que, ó longo da mañá foron deixándome soa. Non me dixeron nada nin moito menos se despediron. A verdade é que estou moi decepcionada. Tanto que quixen chorar; pero nin teño pingas de auga, ou de orballo. Porque non son negra, nin tan sequera gris; son branca inmaculada, branca coma a cal.
Chámome Filomena e aínda que quero saber, non sei moi ben de onde procedo. Vexo o ceo tan inmenso e o universo tan infinito... Nunha das conversas que lles oín ás miñas irmás, xusto cando estabamos por enriba da Cadeira da Raíña, en plena serra de San Mamede, crin oír que viñamos da parte de Xúpiter. A min pareceume que esaxeraban un pouco, que iso está moi lonxe. Segundo o mestre que tiven na escola, nós seica nos formamos na troposfera, como moito a uns 15 quilómetros de altitude. Eu realmente non sei.
Si sei seguro que estou sobre Baños de Molgas, que algún que outro veciño me saca fotos e que intúo que é porque estou tan soíña e son tan branca que mesmo penso que si estou bonita. Digo eu. Ó mellor igual teño que pasar aquí a noite ou igual me poño alá polo outeiro de Brandín. Non sei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES