Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fiz Vergara Vilariño, 2022

martes, 19 de julio de 2022
Hai 25 anos que Fiz nos deixou para entrar na eternidade co paso triunfal co que entrou nos corazóns dos que somos os seus amigos, co andar firme e seguro co que entrou na historia da literatura de Galicia, co ritmo ledo e sereo (coa limpa fronte erguida) co que os seus poemas entraron na nosa memoria colectiva cal lumieiras que fan máis brillante en Samos o Camiño de Estrelas que no ceo soñou Carlomagno.

Fiz podía simbolizar a floxedade do seu berro físico no galo mudo que non era quen de cantar ao amencer… pero ás eivas físicas contrapoñía unha explosiva sonoridade poética que universalizaba as cousas do seu mundo, fosen a fonte da cova, o muíño, a Lóuzara xabreira, as súas xentes… elevando lugares, obxectos e persoas reais á categoría de mitos, fitos, paraísos ou estrelas.

Hai xa un cuarto de século que os seus amigos transformamos unha pradella louzarega en nobilísimo salón de actos no que oficiar unha multitudinaria despedida literaria a quen tanto honrou a súa terra, as súas letras e aos seus amigos. Un cuarto de século despois sigue Fiz vivindo entre nós porque inmensas eran a súa personalidade e a súa amizade, porque a súa obra trascende o tempo, e porque de Fiz aínda queda – agardamos – moito que dicir e celebrar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES