Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estamos a rematalo

lunes, 18 de julio de 2022
Estamos a rematalo Unha das máximas da xente maior ante certas adversidades é aquela de que se acaba o mundo, aquela na que, de cando en vez ou bastante a miúdo, soltan aquilo de que isto non ten remedio. Eu, non sei se é que vou tirando para vello, case lles dou a razón. Pois levamos xa uns meses cunha guerra que non ten fin. Aínda que, precisamente por iso, porque xa leva tempo con nós, nin falamos dela; xa non sabemos as mortes que van, as armas que se venden, a cantidade de desprazamentos forzados, as cidades que se arrasaron, etcétera.

Levamos tamén uns meses, case é mellor dicir un tempo, un tempo longo no que a seca é cada vez máis patente. E será. Porque de nada vale pensar que cando chegue o outono ou, iso si, o inverno choverá e os encoros bordarán como levan feito desde que o mundo é mundo. Xa hai un bo tempo para acá que cada vez chove menos. E o peor é que, cando o fai, a chuvia causa moitas máis desgrazas, debido precisamente á seca. O chan non ten vexetación para frear o chaparrada e despois pasa o que pasa. A seca é un tema máis serio do que pensamos. A proba é que, ano tras ano e cada vez máis rapidamente, os concellos empezan a tomar medidas cos cortes da auga. Porque creo que tamén se dilapida, se malgasta máis e... e a seca é xa tan real como a vida mesma.

Estamos a remataloLevamos uns días que, a causa da seca e a causa da calor, a vaga dos incendios volve un ano máis en copar a actualidade, a triste actualidade, a penosa realidade. Sinalar culpables é difícil, aínda que todos pensemos e saibamos a quen lles vai ben os montes queimados. Creo que hai algo de todo: pastoreos, intereses madeireiros, urbanísticos, acoso ós xabarís polas súas desfeitas, algún que outro forestal para non perder o emprego e outro etcétera. Penso que os menos son os provocados por algún que outro accidente, sexa de máquinas ou sexa a causa dos lóstregos, dos alustres.

Levamos máis dunha semana cunha calor tan sufocante, tan espantosa que axuda unha barbaridade a esa seca galopante e a eses incendios devastadores e criminais. Por todo iso non me estraña que a xente maior e os que imos para vellos empecemos a pensar que se vai acabar o mundo. Seguro que non fai falta ningún gran meteorito; nós mesmos o estamos rematando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES