Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

30.000 artigos e Luís Latorre

lunes, 18 de julio de 2022
Cada día publícanse en Galicia Digital ata oito comentarios en castelán ou galego, sobre o divino e o humano; de ciencia, literatura, filosofía ou política, pero esencialmente libres.

Pese a quen pese, os colaboradores desta plataforma en Internet somos libres para elixir o tema a abordar, e o xeito de facelo, e nesa seguridade os que aquí publicamos temos unha plataforma ao noso dispor para expresar que pensamos sobre calquera tema de actualidade, sobre a memoria do pasado ou a especulación sobre o futuro.

Esta historia comezou o ano 2000, e cumpríronse vintedous anos. E como os números cantan, descubrimos que hai uns días publicouse o artigo 30.000, figurando todos eles no arquivo sondable e asequible que a técnica nos proporciona; trinta mil artigos libres con Galicia como norte que son un suma e segue do sentir de varios centos de persoas que coñecen e senten este país.
30.000 artigos e  Luís Latorre
E o artigo ao que lle correspondeu o número 30.000 foi do asíduo colaborador de Galicia Digital, Luís Latorre Real, politólogo por formación, vocacionalmente lucense, incansable promotor especialmente desde a plataforma Lugo Monumental que preside, de todo o que corresponde, interesa e afecta á cidade de Lugo e as súas xentes.

Este artigo 30.000 trataba, precisamente, da iniciativa de proporcionar a Lugo unha web de Turismo que a entidade que Latorre preside ven de abrir urbi et orbe.

Aos que escribimos nesta fiestra, aínda que con menos profusión que o inquedo Luis Latorre, hónranos a súa compañía e cada un dos seus artigos é unha badalada de atención encol dos intereses dunha cidade que sempre precisou de valedores e apoios para camiñar con seguridade cara o futuro.

30.000 artigos na Opinión de Galicia Digital… suma e segue do sentir de varios centos de persoas que coñecen e senten este país.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES