Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (21)

viernes, 19 de agosto de 2022
Lenda da Lagoa de Cospeito (4): Veria

A lenda máis extrema que conecta con esa característica da Valuria como pobo maldito e ademais, suponse, que por unha maldición de Deus, -feita por homes, claro-, porque o que temos a continuación, recollido por Antonio Reigosa sobre Veria, supón unha aldraxe gravísima a Xesucristo, representado polo neno da Sagrada Familia ao que un valuro zapateiro lle chimpa un instrumento aguzado de metal e mango de madeira, que A misteriosa e incógnita Valura (21)se coñece no oficio como subela, e se emprega para furar o coiro; con tan mala sorte que se lle foi cravar nun pé ao neno.

Imaxinemos, pois, como é tratado o pobo Valuro cunha invención feita "ad hoc" para desprestixiar dunha forma clara a ese pobo que non comungaba coa relixión cristiana e chegando ata o extremo de que da ferida da subela gurgulla un manancial de sangue.

Se o feito de guindarlle a subela a calquera persoa, sen ser o neno Deus, xa é un feito escabroso e inmoral por parte de quen sexa o que isto faga, se por enriba lle engadimos o feito de que foi arrebolado para como se di vulgarmente "tirar a dar" e se aínda, por enriba de todo, da ferida da subela sae sangue... isto trata de poñer de manifesto que a xentiña que habitaba Veria é tratada por todos os medios de desprestixiala da maneira máis cruel e desapiadada posible.

Da ferida comeza a saír sangue en cantidade tan esaxerada e descomedida que forma, nada menos que, un manancial de sangue en cantidade tan desorbitada que asolagou a toda a cidade.

Se xa nos parecían unha barbaridade os dous feitos anteriores: o de chimparlle a subela e o de irlle dar a un pé ao neno, agora, o de saír o sangue desa maneira tan desmesurada, é unha maneira bárbara, sanguinaria e sádica incluso do tratamento do noso pobo Valuro xa que sería moi doloroso para as xentes oír estes feitos, que chegarían moitas veces a categoría de insufribles e insoportables con todo o que se lle queira engadir de inhumano.
A misteriosa e incógnita Valura (21)
Imaxinemos como reaccionaría a xente ao longo dos séculos cando lle contasen esta lenda tan brutal nun pobo cristián e que conecta totalmente coa atribución de pobo maldito.

Transcribimos, a continuación o texto de Antonio Reigosa sobre "Veria", recollido da Guía Ilustrada da Galicia Invisible:

"Cando Xosé, María e o Neno pasaron por alí, ninguén lles prestou atención. Ademais, un zapateiro irado arreboloulles a subela con tan boa puntería que se cravou nun pé do Neno Xesús. Ao instante, do pé do cativo gurgullou un manancial de sangue tan enorme que afogou toda Veria".


Temos que pensar que as lendas son un xénero oral, tradicional dos feitos fantásticos que poden ter un fondo real ou histórico que se foi deformando e esaxerando ao longo dos anos, pero aí está, recollido na nosa época, mais contado nas lareiras e polos xograres nas feiras e mercados ao longo dos séculos e de aquí vén a mala fama Valura e o feito de que ninguén da Terra Chá quixese ser nomeado como Valuro, aínda séndoo.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTA:
REIGOSA, Antonio.- Guía Ilustrada da Galicia Invisible. Xerais. Vigo, 1ª ed. 2010.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES