Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (19)

viernes, 05 de agosto de 2022
Lenda da Lagoa de Cospeito (2): O Milagre das vacas e os becerros.

Outra variante desta lenda recollida por González Reboredo, que se diferencia no contido, aínda que a inundación permanece como castigo divino a este pobo maldito, condenado pola súa conduta inmoral e, neste caso, pola falta da virtude da caridade. Según o autor:

"Un día foi á vila un pobre e pidiu pousada ou sequera algún cortizo onde pasar aquela noite. E uns din que era un pobre home que ía polas portas do mundo, outros que era a misma Virxe en persoa, pero disfrazada".

O caso foi que ninguén de Valverde tivo a ben acoller ao pobre indixente que se foi A misteriosa e incógnita Valura (19)máis arriba da lagoa cara ao que hoxe sería a Feira do Monte porque, en caso contrario, non o contaría, onde había unha casa moi humilde na que vivía unha familia moi pobriña.

Eles si que acolleron o camiñante e como non tiñan que comer decidiron matar o único becerro que lles quedaba para comer eles e máis o hóspede. E desde que cearon, o pobre mandou que os osos grandes os botasen nunha corte e os pequenos noutra. Ben mantidos, durmiron e, ao día seguinte, ben cedo, o pobre denantes de marchar comezou a chamar polo dono da casa e a mandarlle muxir as vacas e botar os becerros a mamar e o dono seguía durmindo e non lle facía ningún caso pero o pobre seguía dicindo o mesmo, e que tiña que atar as vacas e as xatas que había na corte. O home sorprendido e incrédulo dixo que non tiña animais e que o derradeiro matárano para comer eles e o convidado a noite pasada, mais o pobre insistía e díxolle:

"Tan certo é que tes becerros e vacas como que a vila de Valverde asulagouse nas augas".
A misteriosa e incógnita Valura (19)
Dicindo isto, o pobre desapareceu e o agricultor foi á corte e comprobou como o que lle dixera o pobre era certo e como na corte onde botaran os osos grandes había vacas e na outra onde botaran os osos pequenos había becerros e que a cidade de Valverde desaparecera debaixo das augas e, cousa curiosa, que na anterior lenda non había igrexas na cidade asolagada, pero nesta, pasado o tempo, empezaron a escoitar as campás dunha igrexa que había en Valverde e que no verán, cando baixaban as augas, podían verse as chemineas das casas e o campanario da igrexa.

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
GRAN BIBLIOTECA TEMÁTICA DE GALICIA 125, Tomo 8. Las Gentes. Teucro, Gerión y las ciudades sumergidas. Leyendas y mitos de la Galicia tradicional. Editor Ea. Voz-RadioVoz. Coruña 2007. Páxs.118 e ss.
GONZÁLEZ REBOREDO.- Lendas galegas de tradición oral. Editorial Galaxia, 2ª ed. Vigo. 1995.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES