Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (18)

viernes, 29 de julio de 2022
Lenda da Lagoa de Cospeito (1): Os adoradores de Baal

Miña Lágoa de Cospeito:
¡has vir conmigo metida
Na màis fondo do meu peito!


Manuel María (Terra Chá)

Cóntanos a lenda que no lugar asolagado que hoxe conforma a lagoa de Cospeito, na parte máis baixa da Feira do Monte, había, hai disto moito tempo, unha cidade de nome Beria, Verial, Valverde, Vilaverde, Navalverde, Lamas de Goá ou Santa Cristina e incluso Santa Cristina de Veria, son os nomes que lle foron atribuíndo ao longo da historia por persoeiros como Carré Alvarellos, González Reboredo e outros varios, así como a nomenclatura común que os habitantes dos concellos limítrofes lles aclaman.
A misteriosa e incógnita Valura (18)
Carré Alvarellos recolle a seguinte lenda sobre a cidade de Beria onde, un certo día, a Virxe María, que se achaba de paso por estas terras Valuras, recuncou nesta cidade coa fin de descansar e sorprendida pola inexistencia dunha igrexa na que poder orar, a Virxe estableceu parladoiro cunha muller valura para saber a razón pola que unha cidade tan rica como Veria non había unha igrexa na que venerar a Deus.

A muller contoulle que os habitantes de Veria adoraban unhas figuras de madeira ou de pedra que representaban a un deus de nome Baal, que procedía de terras moi lonxanas que trouxeran os mouros, tamén lle contou a riqueza dos habitantes desta cidade onde había ricas telas e alfaias, facían grandes festas con bailes e collían grandes borracheiras e, desta maneira, pouco a pouco, foron pervertendo aos Valuros de Veria.
A misteriosa e incógnita Valura (18)
A Virxe preguntoulle á muller como era posíbel que houbera tanta libertinaxe e a dona contestoulle que estes mouros tiñan tantas riquezas que a xente estaba acostumada a vivir ben e deste xeito.

Escandalizada a Virxe María lanzou a seguinte proclama que recolle Carré Alvarellos e nós recadamos da Gran Enciclopedia Temática de Galicia, Tomo 8. Voz de Galicia

"¡Pos que se afunda a cidade que tal fai e consinte! ¡Que as augas dos ceos asulaguen casas e hortas e xentes, e que nunca máis poidan vir morar cristianos nestas paraxes para que se non poidan inzar de malvadez".

E así ocorreu, unha gran tromba de auga principiou a caer sobre Veria e, pouco a pouco, foi enchendo as súas rúas e asolagando as grandes riquezas que posuían e tamén aos seus moradores. A única persoa que se salvou foi a muller que lle referiu a historia á Virxe porque estando chea de pánico pediulle a Santa Mariña que a librase deste tráxico final e así foi como a vida licenciosa dos Valuros, habitantes de Veria, rematou asolagada entre as augas da lagoa de Cospeito.

Salve Valuria!


Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela


NOTA:
GRAN BIBLIOTECA TEMÁTICA DE GALICIA 125, Tomo 8. Las Gentes. Teucro, Gerión y las ciudades sumergidas. Leyendas y mitos de la Galicia tradicional. Editor Ea. Voz-RadioVoz. Coruña 2007. Páxs.118 e ss.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES