Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver á tenda, ao comercio do barrio

viernes, 22 de julio de 2022
Da tenda de toda a vida, espazo cercano, pequeno e amable fomos ao supermercado. Aprendimos que era iso de 'ultramarinos' esquecendo o nome do tendeiro. No súper, nome e espazo medraron. Máis luz, estantes, produtos. Un pouco de todo pero con dimensión humana.

Despois foi o hipermercado. Híper vén significando exceso. Tan grande que non collía no barrio. Había que ir en coche e tentar a aventura de encher un carro xigante para un maleteiro cativo. Nun híper un pode perderse no labirinto do Minotauro. A megafonía anuncia un neno perdido co mesmo ton que publicita unha táblet.

Chegaron os centros comerciais. Cidade fóra da cidade. Gargantúa papando a cotío miles de consumidores. Alí hai de todo. Restaurantes e zonas de xogo. Aparcamento gratuito. Sitios de comida rápida. Ata salas de lactancia. Un formiguieiro humano respondendo aos mesmos sinais químicos. E unha raíña incubando no corazón do monstro. O paraíso do plástico. Onde rematará tanto plástico?

As paisaxes do barrio cambiarondo mentres as tendas intentaban a unha resistencia numantina. Ao final, conquistadas, rendíanse.

Agora, chegan noticias inquietantes. Peche de centros comerciais. E iso que o consumo medra. As estanterías ateigadas de cousas están nas pantallas. Ao alcance dun clic. Elixes e compras. Xa o levarán a túa casa.

No centro comercial podiamos estabular aos nenos na zona de xogos con valado. Pero agora, nos ecosistemas humanos, os nenos escasean. Apenas hai que preocuparse por eses molestos 'ananos' que choran, berran, consumen. Hai sitios onde mesmo están prohibidos.

Para que o centro comercial? Porque veñen de crear xigantescos centros loxísticos. Coñecen gustos e fobias dos clientes. Estudan soños, pesadelos e apetencias. Pagamos. Ademais alí os robots non empreñan. Nin enferman nin teñen baixas por paternidade. Non hai que pagarlles festivos nin vacacións. Pagan poucos impostos.

Álzanse voces para recuperar espazos humanizados onde comprar, e cultivar. Volver aos sabores, texturas, o pan de sempre, o saúdo coñecido, rostros con nome. A carne, o leite e os ovos veciños. Froitas e hortalizas de tempada. Tomates que saben a tomate. Cultivos que crean unha urdida de vida e riqueza a carón de nós. Labregos e gandeiros que coñecen a cultura da terra. Mariñeiros que arrincan a riqueza do mar próximo. Como é posible que traigan ao País da Auga auga embotellada desde centos de quilómetros? Os produtos da vida non poden envelenar o planeta viaxando e multiplicando o prezo desde os antípodas. A quentura humana invita a un consumo de proximidade, a regresar a establecementos cercanos, pequenos, amables. E volver á oikonomía de estatura humana. Á tenda, ao supermercado, ao comercio do barrio.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES