Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paradela

jueves, 14 de julio de 2022
Celebra Paradela o bicentenario como Concello, con retraso porque o Covid o aprazou, acaendo ben neste Xacobeo prolongado por ser Paradela fito no Camiño Francés, e por iso erixiu a estatua obra de Cándido Pazos, dun Cabaleiro de Santiago, Orde defensora do Camiño e dos peregrinos, que naceu no antigo mosteiro paradelense de Loio.
Paradela
O bicentenario poden celebralo os concellos que naceron ao abeiro das Cortes de Cadiz e da Constitución de 1812, que estableceu o sufraxio universal, aboliu a inquisición, e fixo nacer o Novo réxime. E Paradela tiña claro que unha data así tiña que celebrala con brillantez e ofrece en seis meses tres exposicións, cinco libros, catro monografías, un monumento e un monolito, e moitos outros actos entre os que destacan a recuperación de romarías históricas e cadansúa homenaxe aos maiores, aos peregrinos, e aos músicos cun encontro de bandas entre a de Paradela (cumpre 149 anos) e "Sons e Soños" de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Friol.

Destaca a exposición "Do tempo das luces", con paneis de fotos antigas de xentes de Paradela, subliñando que naqueles anos do século XIX naceu a fotografía, a luz fixo posible plasmar nun soporte físico as imaxes da vida que pasa arredor de nós, e ao tempo os pobos, gobernándose a si mesmos, comezaron un tempo de luz para a vida colectiva. Que logo houbera claroscuros non fai máis que poñer de manifesto o avance que supuxo daquela que os votos da cidadanía marcasen o rumbo dos concellos.

Paradela festexa o inicio do seu "tempo das luces", e as fotos lembran que a luz e a liberdade son elementos esenciais para a vida da sociedade e das persoas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES