Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, as Caixas

miércoles, 22 de octubre de 2008
Quintana xa se ten pronunciado favorablemente sobre a unión das dúas principais Caixas de Galicia – Caixa Galicia e Caixanova- sempre que se manteñan en Galicia os controis económicos e sociais e a cuestión sexa un tema que planteen as mesmas entidades.

Nestes tempos de complexidades económicas no que torres altas caen por diversos paises do occidente industrializado, fusionar entidades coma estas parece lóxica solución a minifundismos ou localismos, sempre pensando que a maior volumen de recursos máis beneficios se poden derivar para o noso país.

A fin de contas, as dúas entidades son froito á súa vez de fusións parece que afortunadas, e Caixanova é froito de ter xuntado Caixa Vigo con Caixa Ourense, e Caixa Galicia naceu da unión da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e a Caixa de Aforros provincial de Lugo.

Nestes tempos de crise, a entidade que podería xurdir desta fusión resultaría ser a cuarta de España, cun total de máis de mil catrocentas oficinas abertas ó público.

O tema xorde de cando en cando, e non por iniciativa das entidades que parecen celosas da súa independencia, con apariencia de terse repartido o norte e o sur galegos como áreas de maior influencia respectiva aínda que con importante incidencia de cada unha na zona que e supón de predominio da outra.

Pode ser que calquera día nos dean unha sorpresa, pero polo de agora o tema da fusión está verde. Será porque elas non queren, por manter independencias, por conservar situacións consolidadas, que polo que a Galicia respecta o tema seguro que era moi ben acollido, pensando que a unión – tamén neste campo e neste caso- fai a forza e sería boa para o país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania