Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 19 de julio de 2022
As carreiras

O aire semella que queima. Nunca sentira tal. Hai que estar tolos para saír. Saín. Poida que non estea ben avisado, pero... Pero, que demo, medo ningún. A nada. Como moito a min mesmo. E a min mesmo, xa se ve... tiro para adiante. Sempre para adiante. Porque tamén é certo que sei coller aqueles camiños libres de atrancos, de contratempos. De rapaz percorrín moitas carreiras e sei calas son as boas e as malas. Pingas de Orballo As carreiras eran máis bonitas cos camiños, antes. Tamén máis bonitas que as pistas e estradas, agora. E iso que había carreiras ben mal feitas, ben incómodas, cheas de penedos e auga, pero... Pero por iso de que eran incómodas xa as sabía de memoria e xa buscaba outra opción para as transitar.
O aire semella que queima. Queima pero non abrasa. Claro que para iso daban 42 graos ou máis. A sensación é de moito máis. Aí sobre os 48. Ou máis. Para que notedes que é unha esaxeración. Esaxerar de cando en vez é bo. É como darlle máis empaque, máis toque, máis forza ó asunto ou materia. Por exemplo, tamén podo dicir que se agora mesmo escacho dous ovos de galiña sobre o capó dun coche, podo prometer e prometo que se friten.
O aire semella que queima e acepto que é unha toleira andar a estas horas pola rúa. Pero, cometida xa tal toleada, non queda outra que seguir. Seguir pola estrada, polo atallo e pola rúa. Como boto de menos, aquí, na Valenzá, unha bonita carreira como as de Baños de Molgas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES