Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obras son amores

jueves, 14 de julio de 2022
A lingua humana é unha ferramente moi importante que nos permite comunicarnos co resto dos humanos; pero tamén é unha arma de doble fío.
Antes dicíase que: "QUEN MOITO FALA, MOITO ERRA".
Tamén se decía: "DIME DE QUE PRESUMES E DIREICHE DE QUE CARECES".
E tamén era frecuente oír: "A PRUDENCIA É A NAI DA CIENCIA".

Hoxe en día, tanto nos medios de comunicación como na vida cotiá encontrámonos con multitude de opinións que, loxicamente, non todas son de fiar.
Do único que nos podemos fiar é das obras.
AS OBRAS NUNCA ENGANAN.
As obras son as que mellor describen ás persoas.
Andando pola vida encontrámonos con persoas que prometen moito; pero á hora da verdade: todo é fume.

Pero, afortunadamente tamén nos encontramos con PERSOAS DISCRETAS, PERSOAS COMEDIDAS QUE SON UNHA AUTÉNTICA MINA DE OBRAS BOAS.

Estas persoas son as que constrúen, as que edifican, as que estimulan, as que fan que o mundo evolucione...
Este tipo de persoas son auténticas.
AFORTUNADAMENTE HAI MOITAS PERSOAS AUTÉNTICAS, E TAMÉN MOITAS HEROÍNAS.
Todos coñecemos persoas que son capaces de sacrificarse, capaces de entregarse, capaces de compartir, capaces de amar...
Tal é o caso de tantas e tantas:
-PERSOAS QUE AXUDAN ÓS NECESITADOS:
A todalas persoas que encontran pola vida con tal de que poidan mellorar algo a súa calidade de vida.

-PERSOAS QUE ARRISCAN AS SÚAS VIDAS POR SALVAR OUTRAS.
Persoas que ante unha situación de perigo, se lanzan a socorrer sen pensalo e a veces chegan a perder a súa propia vida nese acto de xenerosidade plena.

-PERSOAS QUE COIDAN AMOROSAMENTE DE PERSOAS ENFERMAS.
Tal é o caso de moitos familiares que se dedican durante moitísimos anos a coidar familiares encamados, con alzeimer, con enfermedades crónicas irreversibles.
E tamén os profesionais que traballan con auténtica vocación con persoas en situación moi delicadas e difíciles.

-PERSOAS QUE ABREN CAMIÑO Á INFANCIA.
¡Cantos mestres de escola teñen deixado a pel en lugares remotos, ensinando as primeiras letras e os rudimentos dunha educación en valores a tantas criaturas, solicitándolles becas para que chegaran a defenderse ben na vida!
Seguramente que máis de unha temos moito que agradecer a aquelas abnegadas mestras da nosa infancia, naquelas escolas unitarias do medio rural sen ningún tipo de comodidades.

-PERSOAS QUE ORIENTAN A PERSOAS QUE VAN EQUIVOCADAS POLA VIDA.
E non me refiro a aquelas que cobran polo seu traballo nun despacho.
Refírome ás que o fan desinteresadamente:
¡Canto deixan orientado os confesores no confesionario!
¡Cantas horas de psicólogo/a deixan aforrado!
¡Cantas horas extras deixa feitas o profesorado cando ve que algún alumno/a ten problemas!

-PERSOAS QUE DAN VIDA:
Doando sangue, doando órganos...

Obras deste tipo son as que máis mérito teñen, sen quitárllelo ós profesionais que se gañan a vida desa maneira.

Seguramente iría moi ben que reflexionáramos un pouquiño ó remate do día sobre o amor que puxemos nas obras que realizamos e tamén para agradecer ás persoas que as realizaron con nós.

Eu, persoalmente, teño moito que agradecer porque sempre encontrei con persoas maravillosas que compartiron e comparten comigo unha parte do seu valioso tempo para axudarme.

Seguramente que nunca llelo agradecerei debidamente, ben porque xa pasaron á eternidade ou porque hai cousas que non teñen prezo, que non hai maneira humana de pagalas porque teñen un valor incalculable.
Esas obras feitas con tanto amor, son auténticas bendicións e as persoas que as fan son os anxos que Deus pon á nosa disposición.

"ANXOS Ó NOSO ALCANCE"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polas súas boas obras e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES