Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de julio de 2022
Furgar no imposible

Eu ben sei que algunhas veces cometo actos que non proceden. Ou que é imposible tal Pingas de Orballo realización. Pero tamén é verdade que para certos asuntos non son normal. Que non é dicir que sexa raro, non, simplemente que levo a cabo accións que ninguén entende. Eu o primeiro. Pero aínda así, dálle que dálle, volta e dálle, veña e dálle.

Resulta que o outro día quixen e estudei mil formas de meter a Perla Negra nun pendrive. Xa sabedes, un lapis da memoria deses con certa capacidade de almacenamento. O que pasa é que a Perla Negra é moito almacenamento de cristo. Como meter toda unha carabela nun aparello de nada? Mesmo alucinei co meu propio pensamento. Pero intenteino. Foi imposible, claro. Mais non desespero.

O fillo da Ludivina, a muller do Toupeiro, ou sexa, eu, non desespero nunca. Nunca. E como Toupeiro que me chaman a min tamén (O Toupeiro Pequeno), furgo e furgo na escuridade dun soño, dun imposible, pero ata que non consiga introducir a Perla Negra no pendrive non penso desistir. Aínda que me ocupe toda a vida.

Chámome en realidade Lucero Santás Pontellas e nacín nunha pobre aldea nunha casa aínda máis pobre, pero da que saíu unha mente... si, pódese dicir que esperpéntica, pero con afán de acometer imposibilidades. Imposibilidades para a maioría, que para min son tan só pequenos furúnculos ós que penso rebentar cos meus desexos e coas miñas ansias. Ó mellor mañá a Perla Negra xa está encaixada no lapis de memoria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES