Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mellor bálsamo

lunes, 11 de julio de 2022
O mellor blsamo O sábado, publicábase que mañá, martes, alcanzaremos os 43 graos de temperatura, de que o mércores subirá xa ós 44 e de que o xoves aínda seguirá subindo deica os 45 graos. Como se adoita dicir: moita calor de Cristo. E moito coidadiño con ela. Principalmente esa xente que xa ten a súa idade e que lle pode afectar abondo. Eses días, creo que nin indo pola sombra se irá ben. O mellor: un río, unha piscina ou a propia casa.

A este respecto teño sorte, xa que nas horas de máxima canícula este servidor estará pendente do Tour de Francia, o que me obrigará a "saír de can" algo máis tarde do habitual. Tamén grazas ó Tour xa me liberei dunha preocupación que empezaba xa a asumir: a da falta de fútbol.

Sempre pasa, ou polo menos me pasa igual: que cando estamos cara ó final da Liga de fútbol, desexamos de corazón que remate porque tanto fútbol de Deus esgota, satura. Non obstante, ós quince días de rematada esta, xa nos empeza a entrar o mono de fútbol e desexamos que chegue canto antes o agosto, o inicio dunha nova temporada. Por certo, aínda queda un mes!

Pero como dicía, este pequeno viacrucis vese un pouco aliviado grazas a eses rapaces ós que se lles dá por subirse a unha bicicleta de carreiras e dálle que dálle, sube que baixa, baixa que sube, e así ata sentir unha verdadeira devoción por eles. Porque hai que ter aquilo que hai que ter para realizar as fazañas que ás veces realizan. Por exemplo, o outro día que vin a etapa do famoso pavés, esas estradas con lastrado que, realmente, non sei como aguantan enriba da bicicleta. Ou xa cando chegan á alta montaña, que nos deixan estampas nas que non queda outra que pensar que... os futbolistas ganan o que ganan, mentres estes esforzados da ruta botan os fígados, ou esperan con ansia esas bombonas de oxíxeno cando xa se senten afogados. Porque hai etapas de montaña que, algúns, cando chegan á meta mesmo dá un pouco de arrepío ver a forma en que chegan.

Tamén hai que ter aquilo que hai que ter cando caen e, con algo roto ou con rabuñaduras que doen ou coa cruz ás costas, seguen dálle que dálle para intentar botarlle unha man ó seu xefe de filas. É certo que teño xa mono de fútbol, pero esa hora ou hora e pico do ciclismo televisado é o mellor bálsamo, o mellor consolo que teño hoxe contra ese deporte de masas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES