Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (16)

viernes, 15 de julio de 2022
A Valura é un pobo maldito

Os pobos malditos, case todos abandonados por ser escenarios de sucesos tráxicos ou fenómenos paranormais ou de rituais satánicos que alimentan lendas terroríficas, son algúns dos múltiples casos dos chamados pobos maldicidos que en certa forma conectan tamén co pobo Valuro.

Murguía fálanos da non boa reputación e creto dos Valuros e de que estaban en posesión de caracteres propios dunha "raza maldita", e esa condición de pobo maldito, de onde lles vén? Quen foi o que os maldiciu? O mesmo que lle pasou ao pobo xudeu pensamos que ese caritel ou selo de maldito dos Valuros veulles, o mesmo que os xudeus, froito da relixión cristiá moi dada desde a antigüidade a maldicir a persoas e a pobos.
A misteriosa e incógnita Valura (16)
Maldito é un adxectivo que nos indica que un pobo ou unha persoa está castigada pola xustiza divina e esa maldición leva consigo o rexeitamento a esa tribo ou pobo. Eladio Rodríguez González no seu Diccionario Enciclopédico dinos que a palabra Valuro e un "nome que se aplica despectivamente a una parte de los naturales o habitantes de las márgenes del Miño, en Castro de Rey".

Entón, podemos inducir que a maldición do noso pobo levou consigo o desprezo e o rexeitamento ao longo dos séculos, chegando á desaparición do seu legado como pobo e incluso á eliminación e desaparición do seu nome e de todo o que tivese que ver con el.

Quen estivo por detrás desta maldición intuímos que foi a Igrexa, que tratou por todos os medios de que desaparecese todo o que de herdanza tiñan os Valuros, pobo que según Murguía se lles atribuía poderes sobrenaturais, poñéndoos nunha situación intermedia entre a feitizaría e o estado sacerdotal, de aí que Xosé Luís Franco Grande no seu Diccionario galego-castelán constate as acepcións de Valuro como "brujo, hechicero que a la vez oficiaba de médico, sacerdote, milagrero y profeta."

Todos os adxectivos cos que Franco Grande cualifica ao pobo valuro son contrarios á relixión católica, empezando por "bruxo", seguindo por "feiticeiro" e coroándose con "sacerdote", "milagreiro" e nada menos que apelidándoos como "profetas". A loita entre os Valuros e a Igrexa tivo que ser moi forte e acusada, chegando a considerar a aqueles como malditos, pois os mesmos bispos levan o problema aos concilios.
En 1665 foron obxecto de sanción por parte de Xoán de Villamar, bispo de Tui (Constituciones Synodales del Obispado de Tui), observamos o seguinte (tradución de Rielo Carballo):

"Desexando vivamente ocorrer aos gravísimos danos que nas almas sinxelas xeran os cuestores que o vulgo chama Baluros, xa coa súa predicación de milagres, revelacións, profecías, promesas e indulxencias finxidas, oracións e exorcismos supersticiosos, xa con enganos, ameazas e as excomunións que fulminan co gallo de desasosegar aos rústicos e sacarlles o seu diñeiro e alfaias, mandamos que de aquí en diante non sexan acollidos os que non levaren a nosa propia sinatura".

De todo isto podemos comprobar como os Valuros competían coa Igrexa nos "milagres, revelacións, profecías, indulxencias, oracións e exorcismos", o que debeu ser unha competencia importantísima, porque nada menos que nun sínodo foi tratado o problema como unha competencia desleal cando a Igrexa estaba organizada de tal maneira que non quedaba un currullo no que ela non puidese estar presente, mentres que os Valuros formaban parte dun pobo desorganizado onde de maneira individual e non en forma de estamento realizaban as súas prácticas. A loita, está claro, que sería ganada polos que forman parte da organización; é dicir, a Igrexa, perfectamente estratificada, ordenada e artellada para o cumprimento da súa ensinanza relixiosa e totalizadora, sen posibilidade de que ninguén lles puidese facer un mínimo de competencia, porque tiñan nas súas mans todos os instrumentos necesarios para eliminar a quen se lles interpuxese, barrendo incluso o mesmo nome do pobo Valuro da face da terra chá e da terra galega, e a verdade que foi e é un pobo maldito, porque os xudeos conservaron desde a súa relixión ata o seu nome, pero os Valuros non conservaron nin os seus ritos e nin sequera o seu nome, por iso temos que darlle as grazas a Xosé Manuel Carballo Ferreiro por manter o nome de Valuros nun grupo musical e nun grupo de teatro diferenciados polo "V" ou "B" do seu comezo.
Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES