Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peixes pequeniños

miércoles, 13 de julio de 2022
Vendo a serie "Operación marea negra", sobre o narcosubmarino atopado na ría de Aldán, un dáse conta de que a historia ten males endémicos que non dá extirpado do seu seo: os malos quedan escudados nun diñeiro que o feble precisa e por el presta as mans aos autores intelectuais que, como Pilatos, lavan as súas.

Un pregúntase que tipo de democracia permite estas perversións. Seguimos na mesma e don diñeiro parece ser o gran ditador da historia. De certo compra de todo (xente incluída), retorce vontades, lava persoas e emporca outras...

Os peixes pequeniños sempre están en risco porque, para eles, a vida é sobrevivir día a día. Non tiñan medios de expresión e a súa voz ficaba silenciada. O cine derruba silencios e dá voz ata converterse en voz de voces e descubridor de realidades.

"Operación marea negra" é un convite a ver máis alá do aparente e ir a polos peixes grandes impedindo que os pequenos paguen o que non lles corresponde. Ao mesmo tempo é unha posición rotunda contra o diñeiro fácil que a miúdo se torna no labirinto máis complicado. Unha lección de ética para unha sociedade mellor, onde o poema de Quevedo deixe de ter vixencia...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES