Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 08 de julio de 2022
No cumio da madurez

Como cambia o asunto! Moitas veces dinme, e eu mesmo me digo, que vou vello. Porque a idade ou os actos non perdoan. Pero este mesmo periódico descubriume hoxe que os españois sitúan o inicio da vellez a partir dos 74 anos de idade. E tanto que cambia! Aínda me quedan bastantes anos para ser vello. A estas alturas, e por moito Pingas de Orballo que digan que o tempo voa, once anos non pasan tan facilmente e podo sentirme, hoxe, feliz e contento. Case podo asegurar que, desta maneira, estou no cumio da madurez.
A min, por un lado, xa me parecía raro que se me empezase a catalogar de vello, mesmo que eu me considerase xa vello. Cando vexo, noto e sinto que a miña cabeza responde igual que cando andaba no monte coas vacas, ou cando xogabamos ó fútbol na Carballeira, ou cando iamos ós niños á Parrumeira, ou cando goldrabamos o río Arnoia para cruzar a Pinouzos.
Si, tamén é certo que ás veces, só ás veces, me fraquea, me mingua todo algo... que se a vista xa non é o que era, que se o oído xa hai que berrar algo, o que significa que, como non se oe ben, berro porque penso que o interlocutor está como min; que se os reflexos xa tardan en reaccionar e que se a memoria, ai a memoria! A memoria, tamén me quero enganar dicindo que como agora non trato con... pensando neses actores dos que xa non lembro o nome, porque, ó non ler tanta revista cinematográfica, pois xa non estou tan ó día. Unha escusa barata. Pero aínda así, repito: no mellor da madurez. En principio, de vello, nada, eh.

A roda da nostalxia

Rematou a etapa do Tour de Francia e saín. Porque saír hai que saír. Xa empezaba a ter mono de fútbol. Xa teño mono de fútbol. Menos mal que o ciclismo chega para cubrir un pouco un recanto da miña selva. Pero quen me enlea agora con palabras de nostalxia é a "canción pra adurmiñar a lembranza" de Fuxan Os Ventos. Déixame un pouco tristeiro. Menos mal que eu axiña me animo. Non me importa pintar o tolo ou Pingas de Orballo falar só. Tampouco me importa berrar desde o alto dun outeiro. Son moito de berrar desde os puntos máis altos. Un dos mellores lugares para facelo é o campanario da igrexa de Baños de Molgas. Tamén podo berrar ante o túnel da Ponte das Cepas.
Desde a Ponte das Cepas penso tirarme un día ó río Arnoia, a ver se afogo. Creo que xa me tirei unha vez, pero non lembro xa que pasou. Non debeu pasar gran cousa porque aquí sigo. E iso que a altura da Ponte das Cepas ten o seu aquel. Por iso creo que tivo que ser unha caída milagreira. Para seguir aquí, contando o conto.
Logo de berrar moito, calo un pouco. Para asentar a gorxa. Para coller folgos. Por se hai que volver berrar. Nunca se sabe. Pode pasar algo gordo ou grave, e berro. Poden cruzárseme os cables, e berro. Non obstante, cando contemplo unha roda do carro que leva anos á beira da palleira vella, aí asubío. Asubío de admiración e de gozo. Porque a vexo bonita e porque penso en todos aqueles camiños que trillou, que rodou. Leva anos aí, exposta, apoiada na parede e sendo coma un recordo do tempo que xa foi. A nostalxia empreña melancolía e a melancolía pare soños. Ou recordos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES