Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os lapis seguen escribindo

miércoles, 06 de julio de 2022
O 16 de setembro do 76 un grupo de estudantes protesta na Plata reclamando un desconto no bus universitario. Isto desencadea unha brutal represión liderada por Miguel Etchecolatz que rematou con 6 estudantes asasinados e 4 sobreviventes. Aqueles feitos son coñecidos como "la noche de los lápices". Hoxe perduran na memoria e, 44 anos despois, hai muros estudantís que berran: "los lápices siguen escribiendo". Escriben polos asasinados, polos desaparecidos e polos que sobreviviron.

Por este e outros crimes (roubo de bebés, atentados...), Etchecolatz foi condenado a cadea perpetua. Tras uns anos de arresto domiciliario, a xustiza decide o seu reingreso en 2018 no hospital penal de Ezeiza. Alí morreu o pasado 2 de xullo: só, repudiado pola súa filla Mariana e sen arrepentirse.

As únicas gabanzas que leva son as daquela xentiña que cree que "contra el comunismo vale todo". Realmente comunismo e fascismo son as dúas caras da moeda máis sanguinaria da historia. Independentemente disto, custa moito pensar que este grupo estudantil fora todo comunista (dada a diversidade ideolóxica que acostuma a xurdir no estudantado) e, por outra parte, unha barbarie nunca pode xustificar outra...

Por iso convén deixarnos de "ismos" e centrarnos nunha sociedade nova, que entenda a paz como o acceso universal aos Dereitos Humanos e aos recursos imprescindibles para vivir con dignidade. Nesa sociedade, os lapis seguen escribindo...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES