Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de julio de 2022
Un caso perdido

Cando pensaba que estaba só, non tardei en notar unha presenza física que se sentaba á miña beira. Mirei de esguello. Era ela. Púxenme coma un tomate maduro e os nervios fixéronme soltar un ola que nin eu mesmo entendín. Ela era... ela era ela. Pingas de Orballo Para que vou dicir o nome? Non quero que saibades moito dela. Se o sabedes pensaredes que igual se me cruzaron os cables. Por desgraza non ten boa sona. Claro que tamén sei que, eu mesmo, son un caso perdido. Creo que aínda me miran peor ca ela. Pero adianto que nin me vai nin me vén, que tanto ten xabón como fío negro.
Eu son Inocencio Loureiro Duque e sei que por detrás a xente chámame O Nervioso. Tamén sei que, a maioría das veces, a xente non é parva poñendo alcumes. Xa digo que estaba a bailar coma o millo. Logo, para máis aquel, non tardou en, con disimulo e pouco a pouco, achegarse a min. Ela facía que miraba para os biosbardos, pero deslizaba a seu corpo polo banco. E iso que o banco é de pedra. Porque estamos nas Mestras, en Baños de Molgas. Porque tanto ela como eu somos desta vila.
Ela, nun repente e sen vergonza ningunha, colleume a man e miroume ós ollos. Pensei que me daba algo. Os nervios mesmo me facían bufar. Ela sorriu e eu só quería que me tragasen As Mestras. Empezaron a tremerme as pernas e empecei dálle que dálle ós talóns contra o chan. Estabamos sós. Ela achegouse máis. Fuxín coma can con vincha ó rabo, coma quen leva o demo detrás. E fuxindo entendín por que tiña máis mala fama ca ela.

Vivir e deixar vivir

Quixen estudar arquitectura nunha Universidade desas nas que se estudan moitas carreiras, case tantas como as que arrodean Baños de Molgas. Tamén é certo que moitas carreiras nos levan a onde nos levan. Axiña desistín de estudar iso. Porque a min chégame ben a casa na que vivo: a caseta da burga. Esa estará sempre aí.
Máis tarde déuseme por querer optar por filosofía, pero, para que, se razoar é moi Pingas de Orballo difícil. A maiores de que, eu, sempre quero levar a razón. A mellor filosofía que hai é a de vivir e deixar vivir, ou a vivir que son dous días. Haberá por aí algún filósofo que apostile que iso de dous días é un dicir, que se adoita vivir máis. Pois mira, si, aí niso doulle a razón. Axiña me esquecín da filosofía porque, a boa (a miña dixen sempre que era e é unha filosofía barata) é certo que cómpre unha boa cabeza.
Cando pasei a C.O.U. xa sabía o que quería ser. Astronauta. Mesmo na metade do curso merquei xa o traxe e gardeino no faiado. Aí segue. Porque non é nada fácil estudar para astronauta sen saír de Baños de Molgas. E iso que incluso xa planeara o lugar desde o que despegaría: desde As Pedradarcas. Un bo lugar, amplo, chan, liso, apartado da vila.
Agora ben, sabendo que non tiña opcións para nada en ningunha desas especialidades, optei por rematar todos os meus estudos en C.O.U. e que sexa o que Deus queira. Aquí estou e aquí sigo. Cunha boa filosofía: vivir a vida, deixala vivir e saber que o traxe de astronauta segue no faiado.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES