Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compra de votos galegos

lunes, 20 de octubre de 2008
Ten razón o Bng cando di nunha nota feita pública o pasado día desásete, que –palabra de Quintana- en Galicia había envexa de que cataláns e vascos obtivesen rendementos políticos e económicos en momentos de apuro para o goberno central.

Agora, eses rendementos son tamén para Galicia (Galiza para o Bng) cando este grupo político ven de vender os seus votos a bo precio para que o goberno español pudiese sacar adiante os presupostos do próximo ano.

O tema, visto está, non depende de que os presupostos sexan bos ou malos. O tema depende de que o PSOE non ten votos abondos para sacar adiante o presuposto que formula e ten que pasar polas caudinas forcas de outras forzas políticas que venden cara a súa conformidade.

Nestes casos, se pensamos en plan localista, as forzas nacionalistas están de noraboa porque barren para a súa casa. Pero se pensamos globalmente, como entidades que formamos parte dunha entidade superior, estas cuestións xeneran arredor desconfianza, envexa, desigualdades.

Ben neste caso para Galicia que ve incrementados os orzamentos que se lle destinan. Pero temos que vivir en comunidade, e o que hoxe é ben para nós, mañá será para outros en detrimento das nosas necesidades.

“A vaca, polo que vale” di un vello aforismo galego xerado na longa época en que eramos un país labrego e gandeiro. Os votos, polo que valen. Máis, se imos vendelos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES