Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libre, só libre te quero

miércoles, 06 de julio de 2022
Coma o vento, coma o mar,
coma elas, as que danzan
-elas soas-
ós ombreiros do amplo mar.
Ondas elas, que se envolven
en si mesmas e esvaecen paseniño
en infindos e abertos areais...

Así te quero, o mesmo sempre,
e así a volver, a renacer,
e cantar o son infindo
que o avó mar
-maxestosa barba branca-
canta en min e mais en ti
e contigo e sen nós
en canto vive en mudos ceos,
nas caladas chiscadelas
das estrelas máis distantes.

A ti te quero, só a ti,
que sen ferros nin as máquinas
de danar, mar amigo,
só traballas corpo a corpo,
coa paciencia secular,
no labrares terra e rochas
coma ti, nobres elas,
tamén firmes, afincadas
no seu propio estar aí.

Mar así, forte e amargo,
que ben sabes dos lexítimos dereitos,
dos teus propios e dos daqueles
que acubillas no teu seo,
apréndenos xa que logo
a sermos fortes, tamén libres,
coma ti, queredores do ser propio,
queredores tamén do dos demais.

Falar oirías, amigo mar,
de que alén das túas praias,
fronteirizas mais abertas,
ergue a testa entre nós
a vil fachenda, a destrución
e a cegueira do máis forte.

Ti que bicas rochas
e case infindos areais,
nos teus ires e volveres
das apertas amorosas:
dános os teus xeitos
de vivir e mais de ser;
a razón dános tamén
-que se nos foi-,
a paciencia da palabra
e a ollada amiga.

Alá, por fin, ben fondo
o ferro afunde violador.
E as augas túas vivas,
amargas mais benditas,
do teu sempre estar aí
os lumes maten acendidos
contra a terra e contra ti.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES