Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 05 de julio de 2022
De negro e con gadaña

O outro día, que andaba ós niños de merlas pola zona dos Poulos (unhas fincas a medio quilómetro de Baños de Molgas), foi cando a vin roldando polas carrilleiras dese lugar e das Lagoas. Toda de negro e coa gadaña ó lombo. Normal que andara de negro. A morte é negra. E quen roldaba era a morte.
Pingas de Orballo A ver, non lle teño medo. Pero si bastante respecto. Non obstante, eu non recuei para nada. Seguín buscando nos niños e de cando en vez mirábaa de esguello. Non quería perdela de vista. Como se achegase, pensaba defenderme aínda que fose a base de coiazos. Tamén levaba unha fouce gata na man. Cando pensei nesta ferramenta non puiden evitar un sorriso (a pesar da situación e das circunstancias) porque imaxinei unha loita coa morte, ou sexa, a fouce gata contra a gadaña. Podo prometer e prometo que non me deixo vencer así como así por calquera. E moito menos pola morte. Que veña, que lle arrinco as asaduras e coa fouce gata córtolle a cabeza.
Porque a morte, de verdade, é tal como a representan nos debuxos, láminas e demais chafalladas. Xa digo, viste de negro. E, iso si, a causa da distancia, non distingo ben se é macho ou femia. Porque en certas cousas os xéneros non me convencen. Segundo o dicionario, a morte é feminino. Pero, e se ten cabeza de home? A figura, sinceramente, semella un home. Logo, para máis aquel, como só a miro de esguello...
Cando atopei un niño de merla, deixei os Poulos e marchei. Pero sen perder de vista á figura de negro coa súa gadaña.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES